Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oito expositores tomiñeses levan as súas novidades en planta ornamental e viveirismo a Iberflora 2016

O saldo desta 45ª edición foi moi positivo, xa que se estableceron importantes relacións comerciais

A alcaldesa, Sandra González, visitou aos produtores locais

Fecha: 04 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Oito viveristas tomiñeses concorreron á 45ª edición de Iberflora, "Feria Internacional de Planta y Flor, Paisajismo, Tecnología y Bricojardín" (celebrada en Valencia do 28 ao 30 deste mes) co fin de amosar a súa produción e novidades en planta ornamental.

Coplant (comercializadora que engloba aos viveiros: Vidaplan, Cultivos Casaíta, Rio Tollo e Galiplant); Brotes; Juan Peixoto e Verealeza, formaron parte do stand da Xunta de Galicia, constituíndo parte importante do mesmo.

Tamén a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) concorreu con stand propio.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quixo acompañar esta vez aos expositores e viaxou especialmente a Valencia. A rexedora visitou a feira o xoves 29 de setembro, onde puido comprobar o saldo moi positivo que tivo esta edición para os viveiristas tomiñeses, grazas ás relacións de negocio que se fraguaron.

O sector da agricultura e o viveirismo ten un claro peso económico na comarca do Baixo Miño, con máis de 600 ha. Cultivadas, que xera máis de 700 postos de traballo, na súa maioría, de mulleres.

Os principais ingresos económicos de Tomiño proceden da terra, sendo o tres eixos produtivos máis importantes a viña, o kiwi e a planta ornamental.

Dentro de España, a produción de kiwi concéntrase principalmente en Galicia, representando máis da metade da produción nacional, e desa porcentaxe o 60 por cento da superficie cultivada atópase no Baixo Miño.

O volume de negocio do sector de cultivos rolda os 50 millóns de euros anuais na comarca baixomiñota.

Iberflora é o certame máis importante do sector verde en España e un dos referentes en Europa, reúne a un total de 444 firmas expositoras. Delas, 342 son españolas e 102 son marcas estranxeiras procedentes de 18 países, cun peso maioritario de empresas procedentes de Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido, Países Baixos e Portugal.

O "Salón da Árbore", o maior evento comercial nacional dedicado a empresas e profesionais no ámbito da arboricultura, foi unha das principais novidades desta edición.

As II Xornadas de Xardinaría e Paisaxismo tiveron igualmente unha excelente resposta por parte dos profesionais. Outro dos grandes atractivos da 45ª edición de Iberflora foi sen dúbida o primeiro concurso "Mestre Florista Iberflora", cunha notable participación de floristas.

Cun escaparate innovador, formado por 444 firmas expositoras, a mostra valenciana avanzou as tendencias da próxima tempada para axudar aos produtores a anticiparse ao mercado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones