Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Oito persoas descobren os secretos do modelado da man do escultor Magín Picallo

Na Aula-Museo Antonio Fernández celébrase estes días un taller que rematará cunha visita ao estudo do artista goianés

Na Aula-Museo Antonio Fernández celébrase estes días un taller que rematará cunha visita ao estudo do artista goianés

Fecha: 03 de Agosto de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Oito persoas celebran estes días de verán o seu primeiro encontro coa arte da escultura en Goián, unha das parroquias de Tomiño con maior concentración de artistas e sede da Aula Museo Antonio Fernández.

E é que este verán a devandita aula museo celebra as súas xa tradicionais actividades estivais, nas que figura un taller de modelado con Magín Picallo, un dos escultores máis recoñecidos do panorama artístico galego e español.

A maioría dos aspirantes son principiantes, aínda que hai algún con estudos de Belas Artes. Tras unhas pequenas notas teóricas, o mestre centrouse en explicar os pasos para modelar con barro unha figura; que na maior parte dos casos, resultou humana e feminina. Preparar a base, de madera neste caso, e o esqueleto da obra, de ferro, onde logo colocarase o barro e moldearase a man e con espátula, a figura escollida. Mentres os aprendices van avanzando, Picallo constrúe as súas e repasa as dos demais; con catro ou cinco toques maxistrais soe bastar para sacar do barro líneas nítidas da anatomía humana.

E aínda que o tempo é moi escaso, as persoas que se inician alcanzan a descubrir o misterio da creación nas súas propias mans. "Esta é toda unha experiencia -di o mestre- ver como o barro vai gañando á xente".

Entre as figuras recoñecemos dúas meninas, un anxo, un home andando, unha muller embarazada, outra sentada mirando o ceo, etc. Todas levan o selo do autor e tamén o do mestre.


A aventura rematará cunha visita ao taller do escultor, tamén en Goián.

Esta experiencia inscríbese no ciclo "Creando con" organizado pola Aula-Museo Antonio Fernández. A seguinte actividade realizarase o vindeiro fin de semana, coa pintora viguesa afincada en Tomiño, Pilar Alonso, e un curso de iniciación ao debuxo botánico, descubrindo as plantas e flores da beira do Miño; un traballo de campo para aprender a debuxar con lapis, acuarela, pastel ou calquera outra técnica. O segundo día de traballo levarase a cabo no estudo da artista, no barrio tomiñés de Hospital.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí