Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Os alcaldes de Tomiño e Cerveira relatan con éxito a súa experiencia transfronteiriza no IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos

O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi analizado como unha experiencia innovadora e útil

O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi analizado como unha experiencia innovadora e útil

Fecha: 06 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Os alcaldes de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente, foron os convidados do segundo día do IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, celebrado na Coruña, entre 4 e 6 de xullo. O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi analizado como unha experiencia innovadora e de éxito.

Dando continuidade aos encontros celebrados desde 2012 nas localidades de Odemira, Mollina e Punta Delicada, o IV Encontro Ibérico ten como obxectivo ser un espazo de intercambio das diversas experiencias dos Orzamentos Participativos aplicados en toda a Península Ibérica e illas, así como nalgunhas cidades da América Latina.

Ao longo de tres días, o encontro desenvólvese entre conversas abertas, reunións de traballo, workshops, conferencias, mesas redondas, presentación de libros e mesas de experiencias. E foi nesta vertente que o alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, foron convidados pola organización a compartir e testemuñar a experiencia do Orzamento Participativo Transfronteirizo, que xa vai na segunda edición, e cuxa adhesión creceu significativamente.

Tanto a alcaldesa de Tomiño, como o presidente da Cámara de Cerveira, explicaron que a cooperación transfronteiriza permite aproveitar equipamentos comúns e levar a cabo proxectos que de forma unilateral, non serían viables. "Para nós, o OPT é un medio para fomentar a implicación entre as dúas comunidades veciñas", comentou Sandra González.

Como resultado deste traballo de reflexión en común do IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, o Concello da Coruña na calidade de organizador da iniciativa, en estreita colaboración cos socios, pretende avanzar cunha axenda compartida, dando continuidade á democracia participativa.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí