Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Bolechas voltan a Tomiño para celebrar unha xuntanza feminista

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello de Tomiño, reparte exemplares a alumnado de educación infantil e primaria e ANPAs

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello de Tomiño, reparte exemplares a alumnado de educación infantil e primaria e ANPAs

Fecha: 30 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Os Bolechas, personaxes moi queridos por nenos e nenas, regresan a Tomiño cun novo libro dedicado á vila. Esta vez trasládanse a Tomiño para celebrar unha xuntanza feminista.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello de Tomiño, a través do Servizo Municipal de Igualdade e Educación, repartiu hoxe exemplares deste novo libro-guía a todo o alumnado de educación infantil e primaria (até 8 anos), co fin de favorecer a coeducación e a promoción da igualdade de oportunidades, e fomentar a desaparición dos roles e estereotipos de xénero.

"Este libriño é unha ferramenta para traballar a igualdade, o rexeitamento da violencia machista, e a resolución dos conflitos, mediante o diálogo, dun xeito accesible e utilizando personaxes familiares para o alumnado, cos que poidan identificarse facilmente", explica a concelleira Cristina Martínez.

A través do novo texto, incídese de xeito lúdico, na participación activa de nenas e nenos por igual, nos xogos e tomas de decisións, coa intención de que poidan extrapolar estes aprendizaxes á vida cotiá.

O novo libro, protagonizado por Salvadora, unha nena de Tomiño que convida aos Bolechas e a outras amigas e amigos a unha xuntanza feminista, visitando distintos espazos do municipio, coma colexios, Espazo Fortaleza, Praza do Seixo, etc., farase chegar tamén ás ANPAs e á comunidade educativa da vila. Asemade, reservaranse exemplares para as persoas que participan no programa de inclusión familiar "Medrando en Familia". "A idea é iniciar a andadura en temas de igualdade dende idades temperás, tanto nas familias coma na escola", comenta a concelleira.

A publicación deste novo libro de Os Bolechas en Tomiño foi posible grazas á adhesión ao Programa de Sensibilización da Secretaría Xeral de Igualdade e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Tomiño suma con este novo exemplar de Os Bolechas, cinco volumes dedicados especialmente á vila en diferentes temas e espazos.

O anterior foi o libro-guía "Os Bolechas limpan Tomiño"; un traballo feito por encargo da Concellería de Medio Ambiente, dentro da campaña de divulgación sobre a compostaxe e a redución do lixo, na que vén traballando o Concello nos últimos anos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones