Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os cidadáns de Tomiño e Cerveira poderán escoller tres proxectos para ser realizados conxuntamente por ambos concellos

Os cidadáns dos dous municipios poden votar a partir de hoxe e durante un mes, para elixir tres proxectos de entre seis das área de Cultura, educación e acción social.

Os cidadáns dos dous municipios poden votar a partir de hoxe e durante un mes, para elixir tres proxectos de entre seis das área de Cultura, educación e acción social.

Fecha: 11 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Durante un mes, se inicia unha novidosa experiencia de cooperación co lanzamento do primeiro orzamento participativo de carácter transfronteirizo.Mediante este proceso de participación os cidadáns de Tomiño e Vila Nova de Cerveira poderán escoller mediante votación telemática, tres proxectos de cooperación (a realizar ao longo de 2017) de entre seis, redactados no marco da Axenda de Cooperación Transfronteirza Cerveira Tomiño.

Son seis os proxectos presentados para que cerveirenses e tomiñeses, maiores de 18 anos e electores nos concellos, poidan escoller os tres preferidos, un por cada categoría.
En Educación, as propostas a escoller son a realización da Semana da Comunidade Educativa Cerveira-Tomiño 2017 ou o 1º Campus Deportivo e Educativo Cerveira-Tomiño
En Cultura, se poderá elixir entre a organización da Festa Amizade Cerveira-Tomiño ou a realización do Encontro de Creatividade Cultural e Musical do Miño-
Finalmente, en Acción Social, se poderá optar pola elaboración dun Programa de Voluntariado de Apoio á Inclusión Social Infantil e Xuvenil ou a dun Programa transfronteirizo para a información, apoio e visibilidade das problemáticas de accesibilidade.
As fichas explicativas dos proxectos figuran nunha páxina web creada expresamente para esta votación denominada www. participacerveiratomino.eu

O proceso de votación é simple: trátase de entrar na páxina www.participacerveiratomino.eu e rexistrarse con nome, apelidos e número de DNI; premer en "Participa", seleccionar un proxecto por cada categoría e votar. A participación é validada tras o cruzamento da información persoal do rexistro cos datos do padrón electoral, co fin de que o proceso sexa o máis transparente e seguroposible.
O período de votación é dun mes, rematando o día 10 de decembro. A presentación dos tres proxectos máis votados está prevista o día 12 de decembro.

Os proxectos de cooperación que se someterán a votación, son o resultado da actividade desenvolta durante varios meses polos grupos de traballo transfronteirizos (áreas de Educación, Cultura e Acción Social), nos que participaron unhas 40 entidades e persoas de ambas marxes; un traballo longo e concertado, desde o inicio do ano, enfocado á definición de prioridades e estratexias comúns.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño (OPT) é un proxecto pioneiro na Eurorrexión Norte de Portugal /Galicia, que ten coma obxectivo involucrar aos cidadáns dos dous concellos veciños, na formulación de solucións para necesidades comúns. Dotado de vinte mil euros (20.000€), financiados ao 50% polas dúas entidades locais, servirá para costear os proxectos acometidos conxuntamente, tras a votación popular.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones