Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Os colexios Pedro Caselles e de Tebra contan neste curso con novas infraestruturas, grazas ás melloras practicadas polo Concello

No comedor do CEP Pedro Caselles realizáronse varias melloras de illamento e insonorización

No CEIP de Tebra ampliouse a pista deportiva e arranxouse a súa contorna

Fecha: 16 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de realizar importantes melloras en varios colexios públicos do municipio. Pola súa envergadura destacan as obras levadas a cabo na parroquia de Tebra e en Santa María de Tomiño. A petición da veciñanza e da ANPA do centro de educación infantil e primaria de Tebra, levouse a cabo a ampliación da pista deportiva existente, co fin de poder dispoñer de máis ámbitos de xogo e de que os equipamentos necesarios para a práctica de distintos deportes, non interfiran entre eles, obras que ascenderon a 37000€.

Asemade, detectouse a necesidade de sanear e mellorar o acceso rodado do pavillón xa que en épocas de chuvia, se anega.

"Executouse unha nova pista deportiva de formigón pulido sobre a existente, ampliándoa para poder albergar una pista de fútbol sala, dúas de baloncesto e dúas de voleibol. Co mesmo tratamento, pavimentouse a entrada para vehículos cara o recinto, e acondicionáronse as escaleiras de acceso dende o colexio. En todo o perímetro instalouse un drenaxe perimetral que recolla as augas da chuvia", explica o concelleiro responsable das actuacións, Lois Vázquez.

Por outra banda, e para dar resposta ás demandas plantexadas pola dirección e da ANPA do CEP Pedro Caselles, no sentido de reducir o elevado ruído que se produce nos comedores do centro durante as horas de xantar, o Concello fixo medicións acústicas que deron valores moi por encima do tempo de reverberación idóneo para estes espazos.

Para solucionar o problema, colocouse un falso teito con placas e velo branco na cara visible, unhas obras que ascenderon a uns 13.000€. Este material ten un elevado coeficiente de absorción acústica que permite reducir notablemente o son ambiente, impedindo que rebote e se mesture co resto, provocando o molesto ruído. Ademais aproveitouse para renovar a iluminación existente, instalando novas luminarias de LED co fin de aforrar no consumo eléctrico.

"Realizáronse medicións finais e o resultado foi que se reduciu notablemente o tempo de reverberación, alcanzándose case os valores recomendados para estes espazos, sobre todo, no rango de frecuencias da voz humana. Desta maneira mellorouse o conforto das persoas usuarias que agora poden falar sen ter que levantar a voz", explica o concelleiro.
 
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí