Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os concellos do Baixo Miño deixan a súa pegada en Fitur na presentación da Deputación do -Camiño pola Costa-

A presidenta, Carmela Silva, pon en valor os ecosistemas naturais, o mar, a historia e o enoturismo dos tres concellos da comarca como -un referente turístico de primeira orde-

A presidenta, Carmela Silva, pon en valor os ecosistemas naturais, o mar, a historia e o enoturismo dos tres concellos da comarca como -un referente turístico de primeira orde-

Fecha: 20 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os concellos de A Guarda, O Rosal e Oia foron protagonistas hoxe na presentación do destino do Camiño Portugués pola Costa que fixo a Deputación de Pontevedra na Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid. A presidenta, Carmela Silva, destacou na súa intervención os "innegables atractivos que estes concellos ofrecen aos visitantes que opten por facer este novo tramo do Camiño Portugués, que foi recoñecido oficialmente o ano pasado".

Silva destacou que o concello de A Guarda é o comezo do camiño pola costa no estuario do Miño "onde é necesaria a visita ao Monte Trega para coñecer o asentamento arqueolóxico máis importante de Galicia que data do século V a. C.". Si o estuario do río Miño ten un extraordinario interese natural, non é menos a propia vila mariñeira de A Guarda, "onde se poden visitar as típicas casas mariñeiras e o seu porto impregnado pola salitre do océano Atlántico".

O percorrido continúa polo concello de O Rosal onde, segundo a Presidenta da Deputación, destacan os seus acantilados sobre o mar pero, sobre todo, "o turismo vinculado coa enoloxía por ser unha zona bendecida polo clima para o cultivo dos mellores caldos da denominación Rías Baixas". Parada obrigada é tamén o Mosteiro de Santa María de Oia, do que Carmela Silva subliñou que é o único a pé de mar. Pero a localidade de Oia tamén ofrece un importante xacemento arqueolóxico, coñecido como "A Cabeciña", con máis de catro mil anos de antigüidade e nos que se poden ver uns gravados rupestres únicos en Galicia.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asegurou que "en 2009 xa comezamos con este proxecto marcando cunhas frechas amarelas os lugares polos que transcorría o Camiño. Non sabiamos onde ía chegar o proxecto, pero si que tiña moito futuro" e salientou diversos recursos turísticos da vila, como o Monte de Santa Trega, co seu xacemento arqueolóxico e as vistas á desembocadura do río Miño no Océano Atlántico e a fronteira con Portugal. O alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, asegurou que "soamente achegamos dous quilómetros de costa pero moi ricos, cuns dos mellores percebes de Galicia, con turismo verde, a ruta dos Muíños do Folón e do Picón recollida en todos os sendeiros de Galicia cunhas impresionantes vistas sobre Portugal, A Guarda e todo o val do Rosal" e "o produto estrela: o viño do Rosal".

Pola súa parte, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, puxo en valor "o Mosteiro de Oia, único cisterciense en Europa a carón do mar", como unha "peza única e máxima, coa súa combinación de estilos e o seu encrave". Tamén puxo o punto de mira "no proxecto Costa dos Castros, unha ruta lineal de sendeirismo na que estamos a traballar para que poidan devir outras rutas circulares".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí