Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os concellos do Baixo Miño se adhiren ó programa Depotermal

Depotermal oferta 4.434 para o fomento do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas da provincia

A gran novidade do programa é a reserva de 434 prazas das 4.343 ofertadas para persoas en risco de exclusión ou con dificultades económicas, apostando así por un inequívoco compromiso social

Fecha: 09 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe as solicitudes que 51 concellos da provincia realizaron para formar parte do programa "Depotermal 2016". En concreto, serán Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía, os concellos que poderán ofertar o programa ás súas veciñas e veciños.

"Depotermal 2016", que conta cun orzamento de máis de 100.000 €, ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas e, a súa vez, ser un plan dinamizador da economía provincial, impulsando a creación e mantemento dos postos de emprego no sector turístico durante os períodos de menor actividade. Amais, pretende impulsar novas relacións sociais e favorecer a participación en actividades que impulsen a cooperación, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.

Ó longo de 2016 as persoas dos concellos adheridos interesadas en participar no programa disporán de 4.434 prazas distribuídas en dúas actividades e, como gran novidade do novo modelo, por primeira vez, contarán cunha reserva de 434 prazas gratuítas dedicadas ás persoas con escasos recursos económicos ou en risco de exclusión, que ate agora non podían acceder a este programa e que ven a manifestar o compromiso social inequívoco do novo goberno provincial.

"Depotermal 2016" conta con dúas actividades destinadas a 4.434 persoas. A estadía diúrna conta con 1.248 prazas, das cales 248 son gratuítas, e o resto contarán cunha subvención de 40 euros sobre o custe total. O segundo programa, no que os participantes pasarán cinco días de estadía en réxime de pensión completa nos balnearios coas súas respectivas noites, tamén de luns a venres, se ofertan un total de 3.186 prazas das que 186 serán gratuítas. Para poder optar a algunha das prazas reservadas para as persoas sen recursos, en calquera das dúas actividades, os participantes deberán achegar un informe dos técnicos sociais de cada concello que acrediten a súa situación persoal que será remitido por estes servizos á propia Deputación.

"Depotermal 2016", que beneficiará a persoas nadas antes do 1966, pensionistas ou persoas con necesidades de respiro familiar, ofertará oito establecementos dos cales distribuídos en 4 spas, 2 talasos e 2 balnearios para a modalidade diúrna e 3 talasos, 3 spa e 2 balnearios para a modalidade con pernoctación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones