Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS CONCELLOS DO MIÑO E A DEPUTACIÓN SEGUIRÁN O MODELO DO RÍO DANUBIO PARA FORMAR UN NOVO ORGANISMO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

Os 16 concellos galegos do Baixo Miño e Condado-Paradanta deberán subscribir un documento de adhesión á nova entidade

Os 16 concellos galegos do Baixo Miño e Condado-Paradanta deberán subscribir un documento de adhesión á nova entidade

Fecha: 29 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e os 16 concellos do Baixo Miño e Condado-Paradanta van poñer en marcha unha nova Asociación Europea de Cooperación Territorial (AECT) tomando como modelo o grupo interrexional do Río Danubio, que reúne a dez países para potenciar o territorio do río centroeuropeo. Así o acordaron hoxe nunha reunión na que o deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, explicou o traballo feito nos últimos meses para poñer a andar o novo organismo galego portugués. Nas vindeiras semanas os gobernos locais da provincia deberán subscribir un documento de adhesión á nova entidade, cuxa finalidade é servir de ferramenta para reforzar a cohesión económica, social e territorial do contorno do Río Miño e xestionar de forma directa as solicitudes de fondos europeos. O nome da nova asociación, que agrupa tamén a dez cámaras do Norte de Portugal, será AECT Río Miño.

No encontro cos rexedores a presidenta da Deputación, Carmela Silva, ao igual que Benítez, destacou que o territorio do Miño ten grandes potencialidades, polo que "xa é hora de pasar das ideas aos feitos e dos proxectos á realidade". Neste sentido subliñou que a nova AECT será unha fórmula para traballar cos concellos dende a Deputación, "posto que este é un dos grandes proxectos da institución provincial a poñer en marcha".

O deputado Uxío Benítez, impulsor da iniciativa, explicou que a nova AECT Río Miño será unha entidade con personalidade xurídica que permitirá xestionar fondos europeos, promover e organizar accións de cooperación do territorio de forma directa, así como servir de foro estable sobre o río Miño, no que a día de hoxe están implicadas moitas administracións. "Hoxendía teñen cousas que dicir sobre o noso territorio Augas de Galiza, a Comandancia de Marina, Costas... hai unha grande confusión administrativa e este novo organismo poderá coordinar, a través dunha estrutura con poder de decisión, aquelas actuacións de interese para Miño. Queremos derrubar as barreiras administrativas para facer actuacións conxuntas unindo os dous lados desa fronteira artificial que nos separa", subliñou o nacionalista.

O deputado explicou que os dous socios principais da AECT serán a Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho, entes baixo os que se reúnen 16 concellos pontevedreses (A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra, Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Arbo, Crecente, A Cañiza e Covelo) e outros dez do Norte de Portugal. En total abránguense 3.312 quilómetros cadrados de territorio e 375.995 habitantes. "O eixo do proxecto é o río Miño, pero os concellos teñen liberdade para sumarse ou non. A autonomía municipal é total e os que estean interesados deben asinar a súa carta de adhesión", explicou.

En canto ao organigrama, a nova AECT estará formada por unha asamblea e un órgano executivo. A dirección será un organismo unipersoal rotatorio que ocuparán representantes de Pontevedra e Portugal cada dous anos, ao igual que ocorrerá coa vicedirección. Tamén haberá un Consello Coordinador, formado por membros das dúas partes, que será o encargado da asesorar á dirección e da xestión do día a día. Finalmente, haberá un Consello Consultivo aberto no que se organizarán foros específicos nos que poderán participar expertos en diferentes materias segundo as necesidades. "Queremos abrir a AECT á sociedade, polo que se hai que tratar un tema de pesca no Miño, poderemos dar voz aos pescadores, á Comandancia ou a outros colectivos implicados... Ao igual que se hai que tratar unha cuestión patrimonial poderemos convidar a historiadores ou técnicos especialistas na materia que poderán dar a súa visión da situación", explicou Benítez.

Os prazos para materializar a nova asociación de colaboración transfronteiriza entre Pontevedra e o Norte de Portugal vanse cumprindo en tempo e forma. Unha vez os concellos remitan á Deputación as súas adhesións, o Pleno provincial aprobará os estatutos e un convenio de colaboración coa parte portuguesa. Logo remitirase a proposta de creación ao Goberno central para informe e, se pasados seis meses non hai contestación, o silencio administrativo permitirá seguir adiante. Como derradeiros pasos publicarase a resolución nos diarios oficiais e formalizarase un acto de constitución.

A AECT Río Miño parte cun orzamento de 60.000 euros (aportados ao 50% entre os socios principais) que se modificará substancialmente coa concorrencia aos programas europeos e a incorporación de fondos comunitarios. O centro operativo estará en Valença do Minho.


Os alcaldes presentes na reunión (ausentáronse por motivos de última hora os rexedores de Tui, Salvaterra, Mondariz Balneario e O Porriño) manifestaron a súa satisfacción pola posta en marcha desta nova entidade e o interese en que se converta nun órgano práctico para dar unha visión global das actuacións a levar adiante no territorio. "Os fondos transfronteirizos da UE son os únicos que medraron nos últimos anos. Temos que aproveitar esta posibilidade para sacar adiante proxectos interesantes que precisan os nosos concellos", dixo a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones