Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os concellos pontevedreses recibirán en total 3,2 millóns de euros para mellorar os seus camiños rurais

O reparto destes fondos fíxose de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos

A conselleira Ángeles Vázquez presentou aos alcaldes da provincia o plan de acondicionamento de vías elaborado polo seu departamento para mellorar a calidade de vida dos veciños, propiciar a cohesión territorial e fixar poboación

Fecha: 07 de Junio de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

Os concellos de Pontevedra recibirán unha axuda total de 3,2 millóns de euros para o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, presentou os detalles desta iniciativa aos alcaldes da provincia.

Ángeles Vázquez destacou que esta intervención nos camiños enmárcase no obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros obxectivos o da cohesión territorial. Intégrase no Plan de fixación dotado cun total de 231 millóns de euros.

A posta en valor de vías rurais permitirá actuar nuns 650 quilómetros en toda a comunidade ao longo dos vindeiros dous anos, segundo explicou a conselleira aos rexedores municipais. Trátase, dixo, de facilitar a accesibilidade a fincas e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación, unhas actuacións para as que se dedicarán 16 millóns de euros no conxunto de Galicia, cunha porcentaxe de axuda do 100% dos gastos subvencionables, agás o IVE, que correrá a conta dos concellos.

A titular de Medio Rural explicou ademais que o reparto destes fondos fixóse de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación ou a ruralidade. Na seguinte táboa indícase o orzamento por concellos na provincia de Pontevedra:

Arbo

44.247,06 €

Barro

41.742,46 €

Baiona

38.509,02 €

Bueu

47.676,42 €

Caldas de Reis

49.124,79 €

Cambados

43.045,99 €

Campo Lameiro

39.552,48 €

Cangas

52.024,80 €

Cañiza, A

77.743,71 €

Catoira

41.193,60 €

Cerdedo Cotobade

103.929,81 €

Covelo

68.402,75 €

Crecente

45.094,50 €

Cuntis

54.752,50 €

Dozón

41.726,85 €

Estrada, A

123.814,94 €

Forcarei

69.325,14 €

Fornelos de Montes

37.200,24 €

Agolada

72.809,69 €

Gondomar

50.480,10 €

Grove, O

41.399,42 €

Guarda, A

41.673,85 €

Lalín

101.342,34 €

Lama, A

57.726,80 €

Marín

40.567,23 €

Meaño

43.251,81 €

Meis

56.446,50 €

Moaña

45.999,36 €

Mondariz

48.514,95 €

Mondariz-Balneario

24.689,61 €

Moraña

40.255,38 €

Mos

44.936,10 €

Neves, As

52.697,70 €

Nigrán

45.653,06 €

Oia

45.923,13 €

Pazos de Borbén

41.193,60 €

Pontevedra

64.099,63 €

Porriño, O

54.232,20 €

Portas

47.752,65 €

Poio

43.732,06 €

Ponteareas

63.151,11 €

Ponte Caldelas

42.164,10 €

Pontecesures

40.095,89 €

Redondela

49.429,71 €

Ribadumia

45.923,13 €

Rodeiro

73.527,10 €

Rosal, O

38.509,02 €

Salceda de Caselas

45.584,45 €

Salvaterra de Miño

53.390,70 €

Sanxenxo

47.093,81 €

Silleda

83.980,78 €

Soutomaior

36.700,29 €

Tomiño

59.152,30 €

Tui

50.202,90 €

Valga

43.183,21 €

Vigo

73.826,58 €

Vilaboa

43.457,63 €

Vila de Cruces

66.376,97 €

Vilagarcía de Arousa

47.848,48 €

Vilanova de Arousa

39.569,31 €

Illa de Arousa, A

40.164,50 €

TOTAL

3.207.816,21 €

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones