Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS MOZOS E MOZAS DO PROGRAMA -É APRENDER- DE TOMIÑO POÑEN EN MARCHA UN XORNAL

A actividade é totalmente gratuíta para os usuarios e usuarias, que recibirán tamén apoio psicolóxico

A actividade é totalmente gratuíta para os usuarios e usuarias, que recibirán tamén apoio psicolóxico

Fecha: 24 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O programa "é aprender" pon en marcha a edición dun xornal a cargo dos nenos e nenas. O "é aprender" iniciou a súa cuarta edición o pasado mes de outubro estreando metodoloxía e ideas. O programa dá apoio e reforzo escolar a máis de 50 alumnos e alumnas de Primaria e ESO.

O programa está destinado a 5º e 6ª de primaria e a 1º e 2º de ESO. Os espazos nos que se imparte son no Centro Social de Estás, Casa Cultural de Currás, Casa Cultural de Santa María de Tebra, a Omix de Tomiño, a Escola Obradoiro de Goián e o Pavillón de Barrantes.
 
Este ano, o "é aprender" arrancaba con diferentes novidades como a inclusión de niveis de secundaria e coa profesionalización do servizo por medio da contratación dunha coordinadora que xestiona todos os centros de forma presencial e pola contratación dunha docente a través das bolsas da Deputación.

Froito do cambio de metodoloxía do "é aprender" é a posta en marcha dun xornal que será cuberto informativamente polos nenos e nenas do programa. É un proxecto co que desenvolverán habilidades de redacción, traballo en equipo e servirá para organizar contidos e técnicas de comunicación.

Esta tarde, os xoves redactores visitaron as instalacións municipais e afrontaron a súa primeira entrevista que tivo como protagonista a Alcaldesa. As alumnas tomaron nota das respostas as súas preguntas e a súa saída xa artellaban como plasmar o encontro sobre o papel.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mostrou a súa satisfacción pola entrevista e polo traballo desenvolvido por estas mozas aprendices de xornalistas. Segundo González, "o "é aprender" está levando a cabo un programa de calidade do que saíran reforzados os nenos e nenas que día a día acuden puntuais a súa cita con este proxecto".

Esta iniciativa virá a reforzar o traballo levado a cabo nestes meses. Así o alumnado ademáis de realizar as tarefas escolares, desenvolven actividades co fin de traballar aspectos diversos como a atención, motivación, autoestima, resolución de conflictos,...

O programa, como ven sendo habitual, conta cun gabinete psicolóxico do que se benefician os alumnados derivados dende o servizo de orientación do instituto para secundaria, e dende a coordinación do programa para os casos de primaria.

O "é aprender" ten colleitado diversos éxitos e ten acado repercusión fora do Concello. No ano 2014 Unicef premiou ao Concello de Tomiño no Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal polo seu traballo a prol da educación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones