Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Netos do Rosal volven ao escenario o 30 de decembro de 2023 no Auditorio Municipal do Rosal co seu espectáculo -Iso é así chiño-.

Esperámosvos para unha tarde de vacacións de Nadal con humor e risas aseguradas! Os netos.v

Esperámosvos para unha tarde de vacacións de Nadal con humor e risas aseguradas! Os netos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Diciembre de 2023

Fuente: Redacción

Onte presentamos o noso novo show de comédia “Iso é así, chiño” ante máis de 800 persoas, no pavillón municipal do Rosal, queremos agradecer o bo recibimento que tivo por parte da nosa xente, estamos moi ilusionados de voltar a O Rosal, a nosa vila, cun show esta vez cunha estrutura diferente. Tamén moi agradecidos coa acollida que nos dan aquí, e, bueno non solo aquí, tamén coa que nos deron cando fomos actuar a Tui, pouco a pouco imos ampliando as nosas fronteiras nun mundo como o teatro que se asemexa complicado.

Os Netos do Rosal está composto por dous integrantes, Iker Campelo, de 19 anos e Ángel Blanco, de 20 anos. Ambos compartimos esta paixón pola interpretación, ademais de polo humor claro está!, e somos estudantes da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESADG).

O noso dúo xorde dunha noite de festa no inverno de 2022, onde nolo plantexamos entre risas e decidimos porlle ese nome na honra dos nosos avós, dúas persoas moi coñecidas na Nosa vila. Uns meses despois, o 3 de setembro de 2022 foi o noso primer show no Rosal, cunha acollida increíble, enchendo o Auditorio Municipal, non podíamos crer que se fixera realidade. Máis tarde chegamos a encher nun mesmo show o auditório duas veces, facendo un segundo pase, isto é algo que lembramos con moito agarimo e ilusión. Este 30 de decembro esperamos volvelo a facer.

Por último gustaríanos agradecer ao noso organizador, o Valinox Atlético Novás, e por suposto a todo o mundo que nos apoia, nos axuda e valora o noso esforzo, tanto persoalmente como nas redes sociais.

Recordamos tamén que as entradas para o show do 30 de decembro xa saíron e están en tres puntos de venta: o bar Nenza Xida (O Rosal), a Administración de loterías (O Rosal) e o bar Pool Chaos (A Guarda).

Esperámosvos para unha tarde de vacacións de Nadal con humor e risas aseguradas! Os netos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí