Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS OBRADOIROS INFANTÍS -AS NOSAS AMIGAS AS PLANTAS- INICIA UN ANO MÁIS A SÚA ANDAINA NOS CENTROS EDUCATIVOS

É un proxecto do Concello de Tomiño e de Acubam que vai pola súa terceira edición.

A 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrarase o vindeiro 2 e 3 de abril e os nenos e nenas de Tomiño terán un stand expositivo cos traballos levados a cabo nos obradoiros.

Fecha: 16 de Enero de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño e Acubam inicia a 3ª edición do Programa Infantil "As nosas amigas as plantas" nos Centros Educativos. Os obradoiros iniciaronse o pasado martes cunha primeira sesión no CEIP Sobrada no que participaron tres aulas correspondentes ao grupo infantil de 3, 4 e 5 anos. O xoves tocoulle o turno ao CEIP Pintor Antonio Fernández e a vindeira semana tocaralle o turno ás aulas do CRA Manuel Garcés.

No proxecto participarán todos os centros educativos de infantil e primaria. Máis de 300 nenos e nenas de Tomiño se beneficiará da actividade.

A inicitiva forma parte da programación da 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño que este ano se celebrará o 2 e 3 de abril no Pavillón de Goián.

O proxecto "As nosas amigas as plantas" inclúen cinco sesións nas que o alumnado aprenderá de forma lúdica-didáctica o valor do rural e do sector primario.

As sesións organízanse en torno ás seguintes actividades:
1ª sesión: plantar unha planta nunha bota en desuso que logo será exposta na 13ª Mostra de Cultivos.

2ª sesión: debuxos con legumes aproveitando que o ano 2016 foi decretado pola FAO o ano internacional das legumes.

3ª sesión: xerminación dunha legume, concretamente dun chícharo. Cada neno plantará o legume e irán observando os cambios ao longo do tempo.

4ªpuzzle de vexetais/plantas: os nenos e nenas crearán un puzzle sobre legumes caracterizadas por ser tubérculos como a pataca, a cenoura ou a cebola, de forma que o puzzle supoña relacionar o tubérculo e a parte aérea da legume que os nenos habitualmente non ven.

5ª separar/reciclar e compostar: aprendizaxe dos diferentes residuos e de como facer compost.

O Concello de Tomiño e Acubam están a traballar nesta vindeira edición da Mostra de Cultivos que voltarán cunha nova programación dirixida ao sector profesional e a público en xeral.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones