Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os PAC´s inician unha folga indefinida pola mellora asistencial e laboral

O Comité de Folga non foi convocado durante este período para negociar unha saída ao conflito.

O Comité de Folga non foi convocado durante este período para negociar unha saída ao conflito.

Fecha: 07 de Enero de 2019

Fuente: Comité de Folga dos PACs

Desde hoxe luns 7 de xaneiro de 2019 os PAC´s iniciamos unha folga indefinida. Despois de múltiples intentos de diálogo co SERGAS e de dúas folgas parciais seguimos sen ningún achegamento por parte da Administración. O Comité de Folga non foi convocado durante este período para negociar unha saída ao conflito.

As peticións do colectivo seguen a ser os 11 puntos que nos uniron en toda a xeografía galega fai preto dun ano, con reivindicacións sobre todo asistencias e de equiparación de dereitos ao resto dos colectivos do SERGAS: A retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos enfermaría-médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo que desenvolvemos ou un cómputo de xornada correcto onde os permisos e as baixas nos compute neutro a efectos de xornada, son algúns dos exemplos.

Segundo datos publicados pola Consellaría, "no ano 2017 atendéronse máis de 1.548.000 urxencias nos 90 PAC de Galiza; 767.000 nos seis primeiros meses de 2018" e resaltan o "alto índice de resolución, de máis do 90% sen necesidade de derivación hospitalaria". Malia aumentar a actividade asistencial, os PAC non están ben dotados e os equipos sanitarios son mínimos.

A incompetencia da Xunta na sanidade galega é un problema que non se pode esconder máis. Son numerosos os colectivos de traballadores/as e usuarios/as que seguimos denunciando publicamente o estado precario da sanidade nomeadamente en primaria: as listas de espera, os problemas de derivación a consultas de especializada, a falta de medios, a escaseza de persoal contratado ou o material inaxeitado.

A Administración, coas súas declaracións de "facemos o que podemos", recoñece de forma totalmente irresponsábel o que levamos meses denunciando: que hai unha enorme falta de planificación que se foi paliando grazas a implicación e responsabilidade das traballadoras/es.

O feito de que o SERGAS non convoque o Comité de Folga, que se nos exclúa das reunións e grupos de traballo de reestruturación en Atención Primaria e que permitan que este conflito se estenda no tempo deixa en evidencia da falta de disposición ou capacidade para resolver os problemas coas traballadoras/es dos PAC.

Por todo isto, o noso colectivo decidiu convocar folga indefinida a partir de hoxe para dar solución dunha vez por todas a trato inxusto e discriminatorio ao persoal cunhas condicións de traballo pésimas que non se poden soster máis no tempo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones