Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Populares do Rosal presentaron a Mª Carmen Alonso Alonso como candidata á alcaldía do Concello

Despois de enumerar a grandes trazos os traballos realizados nestes últimos catro anos, presentou ao equipo de 8 mulleres e 7 homes que constitúen a candidatura.

Despois de enumerar a grandes trazos os traballos realizados nestes últimos catro anos, presentou ao equipo de 8 mulleres e 7 homes que constitúen a candidatura.

Fecha: 11 de Mayo de 2019

Fuente: PP do Rosal

No día de onte os Populares do Rosal presentaron a Mª Carmen Alonso Alonso como candidata á alcaldía do Concello.

Ao acto celebrado no Centro Social Polivalente asistiron: Alfonso Rueda, Presidente do PP de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, secretario xeral do PP de Pontevendra, Marta Fernández Tapias, directora xeral de Administración local, Jesús Mª Fernández Portela, exalcalde do Rosal e presidente do PP local, alcaldes de Baiona e Crecente, alcaldesa de Oia, candidatos á alcaldía doutros concellos da comarca e un gran nº de veciños e veciñas do Rosal e doutros concellos próximos.

Nunha primeira intervención, Jesús Mª Fernández Portela, presentou a Mª Carmen Alonso como unha excelente persoa, preparada e capaz de afrontar con experiencia e ilusión o novo reto do PP do Rosal nos vindeiros catro anos. Orgulloso de ter sido o rexedor durante 19 anos por decisión veciñal e ver agora ao Rosal como uns dos mellores concellos da comarca, que supera aos concellos veciños nos servizos e infraestruturas dos que actualmente dispón e polo tanto, con elevada calidade de vida, obxectivos que a nova candidata á alcaldía preocupouse por manter e, nalgúns casos, superar neste último ano e medio de lexislatura.

A continuación, Mª Carmen Alonso recoñeceu a Jesús Mª Fernández Portela como figura exemplar na política local que deixa un legado impecable e modélico e que agora, como ela dixo: " considéroo como o meu mestre". A candidata presentouse como á alcaldía do Rosal aínda que xa exerce como tal desde a xubilación do seu antecesor, Suso. Como ela mesmo dixo: "... con experiencia e ilusión, encabezo un equipo de mulleres e homes, preparados e comprometidos para traballar en pro do desenvolvemento e do futuro do Rosal, e dar así resposta ás inquedanzas e necesidades de cada un de vós, veciños e veciñas do Rosal".

Sinalou "a transparencia, diálogo e cordialidade como os principios de identidade do equipo que forma a candidatura que, xunto á eficacia e a boa xestión municipal, traduciranse no logro dun programa real e alcanzable"

Despois de enumerar a grandes trazos os traballos realizados nestes últimos catro anos, presentou ao equipo de 8 mulleres e 7 homes que constitúen a candidatura. Acompañada do seu equipo enumerou as propostas para a vindeira lexislatura, tanto as de nova creación como as xa proxectadas e que pendente de autorizacións sectoriais, verán a luz nestes próximos meses.

Pechou a presentación Alfonso Rueda, recoñecendo a labor feita no Rosal por Jesús Mª Fernández Portela e a excelente decisión de levar a Mª Carmen Alonso como candidata á alcaldía do Rosal, por su experiencia e valía.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones