Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS PRODUTORES DE PLANTA ORNAMENTAL PRESENTES NA MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO LOGRAN INCREMENTAR NUN 40% O VOLUME DE NEGOCIO E CONTACTOS COMERCIAIS

O evento, visitado onte pola conselleira de Medio Rural, rexistrou a visita de varios miles de persoas

O evento, visitado onte pola conselleira de Medio Rural, rexistrou a visita de varios miles de persoas

Fecha: 05 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A décimo terceira edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, celebrada esta fin de semana en Goián, pechou as súas portas coa visita de máis de 3000 persoas e un incremento do volume de negocio e contactos comerciais superior ao 40%, con respecto ao ano anterior.

Así o manifestou o presidente de Acubam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), José Cosmed, tras a clausura da mostra, única no seu tipo en Galicia e Norte de Portugal.

Os produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo, aproveitaron, coma cada ano, para presentar as últimas novidades na produción e distribución dos seus produtos e maquinaria especializada, coma puido comprobarse no stand de innovacións montado por Acubam, (Asociación de Cultivos do Baixo Miño), entidade organizadora da feira, coa colaboración do Concello de Tomiño.

A participación de varios viveiros portugueses e doutros puntos de Galicia, foi outra das novidades desta 13ª edición.

A mostra contou coa visita, onte domingo, da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen puido comprobar in situ a importancia económica do sector viveirista na comarca, en constante crecemento. A mandataria autonómica estivo acompañada no seu percorrido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o presidente de Acubam, José Cosmed, ademais doutros membros do equipo de goberno, produtores, etc.

A artista tomiñesa Andrea Pousa brindou o domingo pola tarde, como peche das actividades, un concerto moi especial, acompañada pola súa banda e o Bruxo Queiman, no que levaron á escena unha "tematización da orixe celta da planta atlántica".

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 2 de Abril de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones