Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Reis chegan este 5 de xaneiro cargados de novidades para recuperar as tradicións festivas do Rosal

Os paxes reais visitarán en moto todos os barrios, haberá Cantos de Reis e as súas Maxestades chegarán a cabalo á Praza do Calvario, onde haberá diferentes actividades para pasar unha tarde de lecer en familia

Todas as actividades están organizadas polo Concello do Rosal coa inestimable colaboración das asociacións locais

Fecha: 04 de Enero de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal celebra este domingo 5 de xaneiro unha Cabalgata de Reis marcada por importantes novidades que sorprenderán a todos os veciños e veciñas e polas actividades pensadas para todos os públicos que se desenvolverán ao longo de toda a tarde na Praza do Calvario. Cantos de Reis, xogos populares, chocolatada, paxes reais en moto e Reis a cabalo serán soamente algunhas das actividades organizadas polo Concello do Rosal en estreita colaboración coas asociacións locais coas que se lle dará a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar.

Unha morea de actividades
As actividades comezarán ás 10.00 h co encontro dos Moteiros do Baixo Miño na Praza do Calvario para despois percorrer un a un os barrios do Rosal para anunciar a chegada dos Reis. Manterase o mesmo percorrido que en anos anteriores pero con pequenas modificacións nos horarios: así, os paxes reais teñen previsto visitar ás 10.00 h Calvario, Caselas, Convento, Fornelos, Picón e Martín; ás 10.40 h Viso dos Eidos e Novás; ás 11.00 h Parada, Marzán, Sanxián e Portecelo; ás 11.45 h Cachada, Fecha, Pancenteo, Cunchada e Pías; ás 12.45 h Tabagón, A Portela, Eiras e Morán; ás 13.30 h Valdemiñotos, Couselo, A Lomba, Urgal e Barrio Novo; e ás 14.00 h Cumieira de Abaixo, Cumieira de Arriba e Sandián para rematar de novo diante da Casa do Concello.

Outra das principais novidades deste ano será a recuperación dos Cantos de Reis, a cargo de diferentes grupos e asociacións, que percorrerán pola tarde distintos barrios enchendo de música as súas rúas. Carballas será o encargado de por a nota musical en San Xián (15.45 h) e Martín (16.30 h), Os Xidos estará en Pías (16.00 h) e Pancenteo (16.30 h), Airiños do Folón actuará en Fornelos (16.00 h), Tremelique percorrerá Eiras (16.00 h) e Tabagón (16.30 h), Airiños de S. Miguel e Orballo visitará San Miguel (16.00 h) e Novás (16.30 h) e Lirolai levará os Cantos de Reis a Caselas (16.00 h) e O Calvario (16.30 h).

A tarde arrancará na Praza do Calvario con xogos populares para todos os públicos (de 16.30 a 19.30 h) e coa esperada chegada dos Reis Magos (17.00 h), que este ano por primeira vez farán a súa entrada na praza montados en cabalos de pura raza galega da Asociación Finca Moreiras. Os Reis Magos estarán pola tarde na praza repartindo doces e agasallos aos máis cativos e cativas, mentres que os Cantos de Reis porán a música ambiente a unha completa tarde de lecer para todos os públicos na praza. A partir das 18.00 h tamén haberá chocolatada para todos os asistentes.

Recuperando tradicións
O Rosal comeza así o ano cunha Cabalgata chea de novidades coas que se procura "recuperar tradicións festivas moi arraigadas no concello e involucrar aos veciños e veciñas co que forma xa parte do noso", explica a alcaldesa, Ánxela Fernández. "Queremos agradecer especialmente a colaboración das asociacións locais. Temos un tecido asociativo moi activo que nos permite desfrutar de moitas actividades non soamente durante o Nadal, senón todo o ano", salienta. Dende o Concello queren convidar a todas as persoas a participar en todas estas actividades e a desfrutar do Nadal no Rosal.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí