Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

OS SOCIALISTAS ALERTAN DO ADIAMENTO DA VAC TUI ? A GUARDA E SINALAN QUE A XUNTA -DEMOSTRA DE FEITO QUE NON É UNHA OBRA PRIORITARIA-

Xosé Sánchez Bugallo advirte que o goberno central ten retirado 3,6 millóns de euros desta obra para destinalos ao desdobramento do Corredor do Morrazo

Vial do Tamuxe no Rosal, no treito III da VAC Tui-A Guarda

Fecha: 19 de Mayo de 2016

Fuente: Comunicación PSdeG-PSOE

O responsable da área de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe a decisión do Goberno central de retirar 3,6 millóns de euros dos orzamentos destinados á VAC Tui - A Guarda para destinalos ao desdobramento do Corredor do Morrazo, xunto con outros 4,3 millóns de euros detraídos das partidas de Seguridade Viaria.

O deputado socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas do Parlamento na que acusou ao goberno galego de "demostrar cos feitos que a Vía de Alta Capacidade Tui - A Guarda non é unha obra prioritaria". Dixo que malia os anuncios do goberno galego de incrementar as partidas para esta obra, comprometida dende 2012, a realidade é que a están pospoñendo "fronte ao desdobramento do Morrazo".

Sánchez Bugallo subliñou que "non temos nada que obxectar ao incremento do orzamento para o desdobramento do Corredor de O Morrazo", e lembrou neste sentido que "soubemos sempre que tiña un orzamento insuficiente, por iso pedimos o seu incremento no debate dos Orzamentos". Lamentablemente a proposta foi rexeitada polo PP, que agora ten que retirar os orzamentos destinados á VAC Tui - A Guarda.

Criticou que o Goberno galego poña "no papel e nas declaracións" que a Vía de Alta Capacidade é prioritaria, o que desminten "os feitos e as actuacións da Xunta", xa que agora, catro anos despois de que fora anunciada polo ex conselleiro Agustín Hernández, "a fase 1 da obra está bloqueada, parada e sen financiamento".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí