Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Socialistas de Tomiño apoian aos veciños de Goián afectados pola reformulación do tramo PO-350-Goián, Vac Tui-A Guarda

Este proxecto perxudica gravemente a un número elevado de empresas

Este proxecto perxudica gravemente a un número elevado de empresas

Fecha: 11 de Septiembre de 2019

Fuente: Socialistas de Tomiño

As e os Socialistas de Tomiño, queren facer público o seu apoio a un grupo de afectados/as en Soutelo (Goián), polo proxecto de reformulación do tramo PO-350-Goián, Vac Tui-A Guarda e mellora de Seguridade Vial. Este proxecto perxudica gravemente a un número elevado de empresas e/ou entidades, ao deixalos sin posibilidade de acceso ós seus lugares de traballo pola nova carretera, creandose un vial de servicio que lles permitiría a entrada pero non a saída, co cual veríanse forzados a sair, ou ben por Goián, imposible tal e como está na actualidade esa interseción (cruce) ou ben por Figueiró, que dada a intención do goberno municipal de peatonalización e /o humanización da praza do Telleiro, resultaría absolutamente inviable.

Facémonos eco tamén do malestar que existe nestes afectados pola pouca disposición do Concello a colaborar con eles, pola pouca transparencia exercida neste proceso e pola falta de empatía ao non ter unha posición firme e pública apoiando as suas alegacións. A falta de transparencia e democracia deste Goberno Municipal é abraiante.

A lei 7/1985 do 2 de Abril, reguladora das bases do réxime local, di claramente que os Concellos cunha poboación entre 5.001 e 20.000 habitantes ten a obriga de celebrar pleno ordinario cada dous meses. O último pleno, extraordinario e urxente, celebrouse o 27 de Xuño. A premura estaba en empezar a cobrar adicacións e asistencias a comisións canto antes claro está, pero o certo é que o goberno nacionalista de Tomiño a día de hoxe, está incumprindo a lei.

A Agrupación Socialista de Tomiño quere aproveitar esta ocasión para felicitar as Festas da Nosa Señora do Alivio a todos e todas as Tomiñesas. Gustaríanos telo feito dende un faldón publicitario no xornal, pagado por todas e todos nos, porque cremos que sería o axeitado e oportuno, dado que incluirá unha páxina especial adicada as festas, pero sorprendentemente fomos vetados nese espazo. Semella que para este goberno coa Alcaldesa ao frente, os/as 1037 veciños e veciñas que respaldaron o proxecto do Psdg-Psoe en Tomiño, non son tomiñeses/as de pleno dereito.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones