Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Socialistas de Tomiño preocúpanse polo estado dasobras do Campo do Alivio

Violeta De Santiago preguntou pola situación da obra no Campo do Alivio no Pleno Ordinario de Agosto

Violeta De Santiago preguntou pola situación da obra no Campo do Alivio no Pleno Ordinario de Agosto

Fecha: 26 de Septiembre de 2019

Fuente: Socialistas de Tomiño

O pasado Xoves 19 de Setembro celebrouse en Tomiño o Pleno Ordinario correspondente ao mes de Agosto. O grupo Municipal Socialista formulou diversas preguntas ao Goberno, entre elas, a voceira Violeta De Santiago preguntou pola situación da obra no Campo do Alivio, por ser un tema que preocupa moito a veciñanza tomiñesa e que pese a estar adxudicada dende o dia 6 de Marzo continua a día de hoxe totalmente paralizada.

Constatamos que este Goberno é especialista en botar pelotas fora, pois todas as responsabilidades recaen sobre todos os demais implicados sin asumir eles absolutamente ningunha.

Citan a Directiva do clube, por solicitar melloras no proxecto inicial, a Deputación de Pontevedra, a empresa adxudicataria, pero o certo é que a día de hoxe a situación empeza a ser insostible e os socios/as, xogadores/as e directivos/as reclaman solucións urxentes, pois a crise económica derivada de non poder explotar a cantina, únese a grave perda que supuxo ter pechado o Campo nas festas do Alivio, ao que hai que engadir o risco de padecer unha crise deportiva e incluso social.

Á pregunta da voceira socialista no pleno polos prazos para o remate da obra nin Concelleiro de deportes anterior nin o actual souberon ou quixeron dar unha resposta. Hoxe sabemos que entre outras cousas, ainda está sin asinar a ampliación do proxecto.

As e Os Socialistas de Tomiño consideramos que o apoio do Deporte non pode consistir tan só na celebración dunha Gala anual, ou na publicación de fotos loubándonos de cando mola Tomiño. O C.F. TOMIÑO ten un serio e grave problema e non merece que a contestación para zanxar o debate sexa un irónico "As obras son así".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones