Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE FEIJÓO -SEGUE SEN COMPROMETERSE CO BAIXO MIÑO NO SEU ÚLTIMO ANO COMO PRESIDENTE-

Carmen Gallego advirte que os orzamentos -non teñen ningunha nova actuación emprendida, agás investimentos largamente adiados como a VAC Tui-A Guarda, aínda sen executar-

Carmen Gallego advirte que os orzamentos -non teñen ningunha nova actuación emprendida, agás investimentos largamente adiados como a VAC Tui-A Guarda, aínda sen executar-

Fecha: 22 de Octubre de 2015

Fuente: Prensa PSOE

A deputada socialista Carmen Gallego denunciou hoxe que Feijóo "segue sen comprometerse co Baixo Miño no seu último ano como presidente". Sinala que "son orzamentos pouco cribles, porque se afirma que se baixan os impostos, que non se endebeda máis e que soben os ingresos".

Gallego lembrou que "tódalas previsións de crecemento económico e de emprego de todos os orzamentos de Feijóo dende que é presidente fallaron" polo que "nada nos induce a pensar que este poida ser o primeiro ano que acerten".

Dixo que "os ingresos da Comunidade Autónoma están inflados para poder dicir que todas as consellerías soben os orzamentos, pero a medida que vaia pasando o ano veremos cómo moitas das partidas pintadas nos orzamentos non se executan nunca, porque en realidade ese diñeiro non existía, era pura propaganda".

A pesares de ser uns orzamentos "claramente electoralistas" -engade- de novo "esquecen á comarca de O Baixo Miño", posto que "ningún dos grandes investimentos que se habían comprometido polos gobernos anteriores foi capaz de levalo a cabo o presidente Feijóo".

"Iso si -continúa- para este ultimo ano se comprometen 3, 6 millóns de euros para a VAC Tui-A Guarda T1". Pero, aclara, "non é a primeira vez que se pintan uns números no orzamento e logo non se executan e con este vieiro xa temos experiencia de abondo", e explicou que o tramo "xa tivo consignacións orzamentarias por valor de 7,7 millóns de euros no 2012, 2 no 2013, 10,5 no 2014 e 4,8 neste ano 2015".

Gallego engade que "non só nas infraestruturas viarias se orzan contías que logo non se executan, baste recordar os centros de saúde, centros educativos, saneamentos ou abastecementos que nunca se chegaron a construír e agora desapareceron definitivamente dos orzamentos".

As cifras de investimento real, explica, "apenas abranguen ao consignado para a VAC, porque o outro único orzamento que aparece territorializado para O Baixo Miño é o Consorcio do Louro por 718.000 euros, que consideramos non é un investimento, senón o que aporta a Xunta de Galicia a este Consorcio conformado por varios concellos da conca do río Louro".

En canto á política social e aos anuncios de Fijóo para estes orzamentos, dixo, "como pronosticabamos no debate do Estado da Autonomía que se celebrou hai 1 semana, todo quedou en retórica e en operacións cosméticas de cambios de conselleiros para seguir facendo a mesma política: desmantelar os servizos públicos e recortar os dereitos das persoas en materia de sanidade, educación e servizos sociais e substituílos progresivamente por políticas de asistencialismo, caridade e beneficencia".

Carmen Gallego sinalou que "o mellor exemplo é a xestión do novo hospital privado de Vigo e a tardanza en outorgar as axudas para as persoas dependentes e para a renda de inclusión social".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones