Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS SOCIALISTAS ELIXEN NOVA COMISIÓN EXECUTIVA MUNICIPAL EN TOMIÑO

Esta nova Executiva Municipal está encabezada por Hugo Freijeiro, veciño de Goián de 24 anos

Esta nova Executiva Municipal está encabezada por Hugo Freijeiro, veciño de Goián de 24 anos

Fecha: 15 de Febrero de 2016

Fuente: PSdeG-PSOE Tomiño

O PSdeG-PSOE de Tomiño aprobou en asamblea a elección dunha nova Comisión Executiva Municipal para traballar sobre o proxecto defendido dende os comicios municipais. Esta nova Executiva Municipal está encabezada por Hugo Freijeiro, veciño de Goián de 24 anos, como Secretario Xeral e conformada por Manuel Leirós na Secretaría de Organización, Mónica Hermida, concelleira e portavoz municipal, na Secretaría de Política Municipal e Fernando Pino na Área de Administración, así como Mari Carmen Argibay e Luis González en sendas vocalías.
Ó acto de designación asistiu o Vocal Provincial Pedro Borrajo, quen mostrou confianza na capacidade de traballo que proporciona esta designación, baseada na unión da forza e ilusión da xente moza coa experiencia e madurez dos veteranos. Todo isto coa fortaleza que proporciona o apoio e colaboración de militantes e simpatizantes.
O novo Secretario Xeral, Hugo Freijeiro, defendeu "a vontade desta nova Executiva Municipal de traballar e esforzarse en prender na sociedade tomiñesa, apostando pola colaboración cunha veciñanza desexosa de solucións viables ós problemas reais e cotiáns dende os ideais socialistas".
Asimesmo, a concelleira e portavoz municipal, Mónica Hermida, nova Secretaria de Política Municipal, resaltou que "a folla de ruta do PSOE de Tomiño segue marcada no proxecto
presentado ante os veciños e veciñas. Estamos achegándonos a moitos sectores da poboación, recollendo as súas demandas sociais, e presentando iniciativas co obxectivo de priorizar as actualmente escasas e esquecidas políticas sociais en Tomiño".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones