Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS SOCIALISTAS ESÍXENLLE A RUEDA QUE -DEA A CARA- PARA RESOLVER O CONFLITO ENTRE VENDEDORES AMBULANTES DO SUR DE PONTEVEDRA

Carmen Gallego reclama -accións contundentes e eficaces- para intervir nun problema enquistado dende hai máis de dous anos

Mercadillo na Guarda - Foto arquivo Infomiño.com

Fecha: 03 de Noviembre de 2015

Fuente: Comunicación PSdeG-PSOE

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiulle hoxe ao máximo responsable da Xustiza no goberno galego, o conselleiro Alfonso Rueda, que "dea a cara" para resolver o conflito entre vendedores ambulantes do sur de Pontevedra. Gallego urxiu á intervención dos corpos e forzas de seguridade do Estado, da Policía Autonómica e da fiscalía.

Reclamoulle a Xunta e goberno central que "actúen con celeridade, contundencia e eficacia" para resolver o conflito entre vendedores ambulantes do sur de Pontevedra. A responsable socialista alerta do "elevado risco" para os implicados e o conxunto da cidadanía dun problema que "ten derivado mesmo nun tiroteo cunha persoa ferida por bala a pasada semana".

Apunta que "hai vidas en xogo, familias ameazadas, pequenos que non poden acudir aos centros educativos e mesmo responsables políticos que se enfrontan a ameazas si autorizan os mercadillos". Un problema de primeira orde, dixo, no que o goberno galego "non pode mirar para outro lado" mentres os alcaldes e alcaldesas quedan desamparados e obrigados a decidir sobre os mercadillos, asumindo unha responsabilidade que non é súa".

Sinala que "anular os mercadillos é unha mala noticia tanto para os concellos nos que se celebran como para os que pretenden impedir o traballo en liberdade a través de ameazas e extorsións". Considera "incomprensible a actitude dos gobernos galego e central e da fiscalía, limitándose a dar por bo un pacto de cabaleiros coas dúas faccións enfrontadas que se demostrou inservible e fora de lugar".

O goberno galego, engade, "ten que plantarse, pedir o auxilio das forzas de seguridade do Estado e garantir a actividade para evitar que os que ameazan e extorsionan acaden co seu obxectivo e paralicen os mercadillos". Subliñou que "queremos ver actuar á policía e á xustiza e que caia todo o peso da Lei sobre os que ameazan".

Sinala que "o que ten que facer a fiscalía e os demais axentes públicos é investigar os feitos e castigar a quen delinque, e non pretender dar por arranxada esta gravísima situación con apretóns de mans".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones