Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Socialistas esíxenlle á Xunta que deixe de empregar o glifosato como pesticida nas estradas galegas

Patricia Vilán acusou á Xunta de empregar esta substancia canceríxena nas estradas do Baixo Miño

Patricia Vilán acusou á Xunta de empregar esta substancia canceríxena nas estradas do Baixo Miño

Fecha: 06 de Julio de 2019

Fuente: PSOE Pontevedra

A portavoz socialista de medio ambiente, Patricia Vilán, instou á Xunta a deixar de empregar o glifosato como pesticida nas estradas galegas. Así o dixo na Comisión de Medio Ambiente celebrada hoxe no Parlamento, na que acusou á Xunta de empregar o este plaguicida canceríxeno, que será prohibido en 2022, nas estradas de titularidade autonómica do Baixo Miño.

Vilán advertiu da perigosidade que supón o glifosato para o medio humano e acuático xa que, segundo a OMS, "hai probas convincentes de que o glifosato pode causar cancro en animais e hai probas limitadas de carcinoxenecidade en humanos". Dende a Sociedade Galega de Historia Natural, sinalou, vense manifestando a preocupación polas fumigacións indiscriminadas "que poden rematar contaminando os pozos e por tanto afectando á saúde humana".

Acusou ao PP "de votar en contra de todas as propostas da oposición para acabar coa utilización do glifosato". Sinalou que "aínda que dende a Xunta vense dicindo ultimamente que o glifosato é canceríxeno e que priorizan o emprego de medios mecánicos ou biolóxicos non contaminantes antes que os máis agresivos para o medio ambiente, séguese a utilizar o glifosato porque é o material máis barato".

Puxo como exemplo a sentenza do Tribunal de Estados unidos contra a internacional "Monsanto". Explicou como o Tribunal americano "ditou unha sentenza condenando á internacional a pagar unha cantidade millonaria aos demandantes pola relación causa-efecto entre o uso do glifosato e a provocación de cancro en persoas". Instou á Xunta "a ir avanzando no emprego de outros produtos e a priorizar a saúde humana e o coidado do medio ambiente antes que os beneficios económicos".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones