Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os socialistas repiten coas súas listaxes ao congreso e ao senado para o 10-N

David Regades, subliña que mentres outros teñen que andar facendo retoques, as candidaturas socialistas do pasado 28 de abril mantéñense e volverán ser gañadoras nesta provincia

David Regades, subliña que mentres outros teñen que andar facendo retoques, as candidaturas socialistas do pasado 28 de abril mantéñense e volverán ser gañadoras nesta provincia

Fecha: 08 de Octubre de 2019

Fuente: PSOE Pontevedra

O PSdeG-PSOE formalizou hoxe diante da Xunta Electoral Provincial a súa candidatura para as próximas Eleccións Xerais do 10 de novembro. As listaxes repiten os mesmos nomes do pasado 28 de abril, cando os socialistas foron a opción máis votada cunha ampla diferencia sobre o Partido Popular.

A viguesa Olga Alonso Suárez encabeza a candidatura ao Congreso, seguida de Guillermo Meijón Couselo (Pontevedra), como número 2. No número 3 aparece María Ángeles Marra Domínguez (Vigo); no 4, Jorge Luis María López (Vilanova); no 5, Olga Rodríguez Puga (Redondela); no 6, Diego Cuiña Iglesias (Silleda) e no 7 María Pérez Martínez (Salvaterra). Como suplentes figuran José Antonio García Lores (Pontevedra), María Yolanda Rodríguez Rodríguez (Tui) e Miguel Ferreiroa Barros (Vigo).

A papeleta do Senado está encabezada por Modesto Pose Mesura (Vilagarcía), acompañado María Margarita Adrio Taracido (Pontevedra) e Daniel Chenlo Padín (Pontecesures). Os suplentes son Francisco Javier Osorno Camiña (Vigo), Sara Juncal Martínez (Moaña), Begoña Aldao Matilla (Vigo), Alejandro Figueroa Expósito (Mos), Antonio Vázquez Vázquez (Vigo) e Vanesa Fernández Soage (Ponteareas).

O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, afirma que estamos diante dunha candidatura gañadora dun partido que volverá gañar unhas Eleccións, por cuarta vez consecutiva (seguindo a estela das Xerais, das Municipais e das Europeas) aventaxando novamente ao Partido Popular, ao que os socialistas teñen sacado 41.000 votos nesta provincia nos últimos comicios.

Regades insiste que mentres outros teñen que andar facendo retoques nas listaxes "nós confiamos nas pontevedresas e nos pontevedreses, porque os mesmos motivos que levaron a apostar polo Partido Socialista nas últimas Eleccións Xerais están agora aínda máis vixentes".

"Hai uns meses dixen que tiña datos científicos de que iamos ser a candidatura gañadora e así quedou demostrado, agora digo que tamén temos datos que nos indican que volveremos ser primeira forza e, por tanto, unha provincia clave para un novo trunfo socialista en Galicia e en España", afirmou.

Na súa opinión España precisa dun Goberno estable, progresista, cunha profunda axenda social para mitigar os efectos perversos e persistentes da crise, e que non dependa nin da ultradereita fascista nin dos independentistas. "Só así poderemos seguir avanzando", concluíu.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones