Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS SOCIALISTAS SINALAN QUE O GOBERNO DETRAEU O ORZAMENTO DA VAC TUI ? A GUARDA PARA CONSTRUÍR O DESDOBRAMENTO DO CORREDOR DE O MORRAZO

Carmen Gallego pon en dúbida os compromisos do goberno galego e reclama unha partida orzamentaria consignada en 2016 con fondos propios e estatais

Carmen Gallego pon en dúbida os compromisos do goberno galego e reclama unha partida orzamentaria consignada en 2016 con fondos propios e estatais

Fecha: 28 de Abril de 2016

Fuente: Comunicación PSdeG-PSOE

A deputada socialista Carmen Gallego advertiu hoxe que o goberno en funcións ten detraído o investimento orixinalmente destinado á VAC Tui - A Guarda para construír o desdobramento do Corredor do Morrazo. A deputada socialista pon en dúbida o compromiso anunciado hoxe polo goberno galego e presenta iniciativas para confirmar unha partida orzamentaria para esta obra.

A deputada socialista esixiulle á conselleira de Infraestruturas que explique "de onde saca os 12 millóns de euros que foi anunciar hoxe e que non están no Orzamento". Lembra que o goberno galego "só tiña consignados 3,6 millóns de euros que foron retirados para dedicalos ao Corredor do Morrazo".

Considera "intolerable" que o goberno "desvista un santo para vestir ao outro" logo de ter retrasado de forma reiterada dúas actuacións "imprescindibles para a mobilidade das persoas e potenciar as sinerxias da economía na área metropolitana de Vigo.

Co traspaso de fondos dunha actuación á outra, engade, "condena aos cidadáns e cidadás do Baixo Miño a tampouco rematar este ano unha actuación demorada unicamente por falla de vontade política do goberno de Feijóo".

Dixo ademais que no caso da VAC Tui - A Guarda "hai ademais unha dimensión transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal "que debera de ter unha axeitada conectividade coa rede galega de estradas" e "lamentablemente este é un agravio máis fronte ás propias relacións económicas e sociais entre as dúas rexións".

Os socialistas galegos reclaman un compromiso explícito no Parlamento de Galicia para que a Xunta "modifique os orzamentos de Galicia e demande, si é preciso, axuda do Goberno do Estado para consignar unha partida orzamentaria neste ano 2016 para a construción da VAC Tui - A Guarda cando menos igual á que tiña antes desta modificación do FCI.

De onde saca 12 M€ que non están no orzamento, os únicos que había eran os 3,6 millóns que detraeron

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones