Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os veciños de Tomiño non recibirán unha rebaixa do 10 % nos recibos do lixo pola falta de xestión do equipo de goberno

Esteban González Miranda amosa o seu malestar porque non se solicitou o desconto en benefico dos veciños.

O 77 % dos municipios adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos se beneficiarán da medida.

Fecha: 06 de Marzo de 2019

Fuente: PP de Tomiño

O candidato do PP á Alcaldía de Tomiño e portavoz municipal, Esteban González Miranda, lamenta que os veciños se vexan perxudicados pola "falta de xestión" do actual equipo de goberno municipal, que non tramitou a solicitude da rebaixa do 10 % do canon de Sogama, tal e como fixeron o 77 % dos municipios galegos adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos.

Deste xeito, os veciños de Tomiño non se beneficiarán dunha rebaixa do 10 % no pagamento do recibo de recollida de lixo correspondente á aportación a Sogama tal e como van facer os residentes en 229 municipios galegos que sí optaron por acollerse a esta oportunidade ventaxosa que ofrece este ente público.

Sogama ofrecía ata o 25 de febreiro de 2019 a todos os concellos adheridos ao seu modelo de xestión do lixo a posibilidade de acollerse a esta rebaixa do 10 % de aplicación directa aos usuarios. O trámite a seguir era sinxelo e consistía en solicitar por escrito a Sogama a aplicación da bonificación referida antes desa data e asumir, por parte do Concello, o compromiso de trasladar dita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo. Finalmente o Concello tíñase que comprometer tamén á adopción de medidas orientadas cara á reducción da producción de residuos e/ou o incremento e fomento da reciclaxe.

González Miranda califica de inaceptable a decisión do goberno municipal de renunciar a esta bonificación no recibo do lixo, para así seguir recaudando máis en dita taxa; e así facer frente a sentencia que obrigará ao Concello a pagar a empresa Urbaser máis de 100 mil euros por incumprimento do contrato o non levar a cabo a actualización do IPC destes anos, sen importarlle o máis mínimo o aforro que disfrutarian os veciños.

Ademais da publicación no DOG, a empresa pública remitiu cartas a todos os concellos adscritos ao seu sistema explicando a iniciativa, que se reforzaron posteriormente con correos electrónicos nos que se profundizaba na mesma.

Tendo en conta estas circunstancias, González Miranda amosou o seu malestar pola "incomprensible falta de reflexos" da alcaldesa, Sandra González, do BNG, lamentando o seu alto custe tanto para o Concello como para os veciños. "De terse remitido a solicitude, veriamos reducido o recibo do lixo, que este goberno aumento en mais do 100%para as vivendas, e o comercio e hosteleria nun 300%, lembrou o candidato do PP.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones