Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Outubro rematou cunha media das temperaturas máximas máis elevada da serie histórica

Segundo o informe climatolóxico mensual de Meteogalicia, o mes de outubro foi extremadamente cálido e moi seco

As cantidades de chuvia estiveron por debaixo do normal, ao igual que o número de días de chuvia, que se situou entre os 3 e os 6, cando deberían superar os 10 nun mes de outubro normal

Fecha: 08 de Noviembre de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O mes de outubro deste ano rematou cunha media das temperaturas máximas máis elevada da serie histórica (4.7ºC). Esta é unha das conclusións que se recolle no informe climatolóxico publicado por Meteogalicia, no que se indica que o valor medio das temperaturas máximas foi de 22.7ºC, acadando valores máis altos (case os 29ºC) nas comarcas do Ribeiro e Carballiño.

En canto ás temperaturas mínimas, estiveron en valores normais, cunha media para Galicia de 9.9ºC, sendo os rexistros máis baixos, próximos aos 2ºC, os recollidos na comarca da Limia. Os valores máis altos, entorno aos 16ºC, déronse principalmente na comarca de Vigo

Estes valores tan elevados da temperatura para esta época do ano, debéronse á persistencia das situacións anticiclónicas e á chegada en moitos momentos de aire cálido procedente do sur.

Chuvia
As precipitacións foron moi escasas durante o mes e quedaron confinadas no período entre o 16 e o 21, polo que non soamente as cantidades de chuvia están por debaixo do normal; senón tamén o número de días de chuvia, que se situou entre os 3 e os 6, cando deberían superar os 10 nun mes de outubro normal.

A chuvia media no décimo mes do ano foi de 36 L/m2, resultado un mes de outubro moi seco en xeral en toda a Comunidade.

Ofelia
O mes de outubro quedou caracterizado polas situacións anticiclónicas, tanto nas dúas primeiras semanas do mes como nos derradeiros 10 días, e polo achegamento do furacán Ofelia. Este furacán formouse o pasado día 6, ao suroeste das Azores e estivo ata o xoves, día 12, sen apenas movemento. A partir dese momento iniciou un movemento dende Azores ata Irlanda.

Dado que as temperaturas superficiais da auga do mar estaban máis cálidas do normal, a súa actividade cando pasou fronte ao litoral oeste da península Ibérica, aínda era elevada. Isto fixo que ademais das altas presións, os ventos fosen fortes do sur, achegando aire cálido. Así, a xornada do 15, que foi a última dese período anticiclónico, rexistráronse nalgúns puntos as temperaturas máis elevadas de todo este período.

Tras o paso de Ofelia, as altas presións se movesen algo cara ao sur, permitindo o achegamento das borrascas que circulaban polo Atlántico norte, coas súas frontes asociadas.

Na xornada do 16 estas chuvias afectaron de xeito débil a puntos do oeste, pero na madrugada do 17 as chuvias cubriron xa todo o territorio. Esta situación de chuvias intermitentes, pero afectando a toda Galicia, volveu a repetirse nas xornadas do 18, 19 e 20, sendo o día máis chuvioso dese período o día 20.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones