Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Para o BNG a renuncia de Jesús María Fernández Portela abre unha nova etapa no Rosal

Dende o BNG do Rosal levamos moitas lexislaturas defendendo o proxecto de recuperación da entorna do Calvario para as persoas coa continua oposición do PP.

Dende o BNG do Rosal levamos moitas lexislaturas defendendo o proxecto de recuperación da entorna do Calvario para as persoas coa continua oposición do PP.

Fecha: 03 de Febrero de 2018

Fuente: BNG - O Rosal

Desde o BNG do Rosal consideran que coa renuncia de Jesús Mª Fernández Portela péchase un ciclo tras 19 anos á fronte do goberno local.

"Á marxe das discrepancias políticas sempre tentamos facer unha oposición construtiva, positiva, responsable e respectuosa. Suso tivo a confianza da veciñanza para liderar o goberno local durante todo este tempo, polo que merece o máximo respecto e recoñecemento pola nosa parte. Desexámoslle o mellor neste novo camiño que comeza", afirma Ánxela Fernández, concelleira portavoz do BNG do Rosal.

Á nova alcaldesa, Mari Carmen Alonso, queremos transmitirlle a nosa disposición ó diálogo xa que queda moito por facer. Dende o BNG do Rosal levamos moitas lexislaturas defendendo o proxecto de recuperación da entorna do Calvario para as persoas coa continua oposición do PP. Agora temos a oportunidade histórica de facelo realidade grazas ó traballo do BNG na Área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra. O próximo paso para facelo efectivo é tarefa da nova edil.

Apoiar o mercado local dinamizando o comercio, promover a participación e a involucración cidadá no Concello, promover e poñer en valor a música e a cultura, o deporte, o noso patrimonio e o noso monte ou a consecución dunha liña de transporte pública para os mozos e mozas do Rosal que cursan os seus estudos no centro de destino do IES A Sangriña, son algunhas das propostas que seguiremos defendendo e reclamando a Mari Carmen Alonso e ó grupo de goberno do PP no exercicio das súas funcións, afirma Ánxela Fernández.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones