Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PARA O PARTIDO POPULAR, NON DICIR NADA E A CARTA QUE RECIBEN OS ALCALDES É O MESMO

Esta carta faise tarde, mal e a correr. Necesitamos máis información

Esta carta faise tarde, mal e a correr. Necesitamos máis información

Fecha: 13 de Noviembre de 2015

Fuente: PP Pontevedra

• Nidia Arévalo entende que é unha resposta rápida para saír do paso ás críticas que fixeron os populares nas últimas semanas
• Faltan moitas preguntas por contestar: de canto diñeiro estamos falando? Canto lle vai a corresponder a cada concello? Canto corresponde a cultura? E a deporte?
• Ángel Moldes: "se a cifra que se vai a destinar aos concellos son os 40 millóns dos que falan, as contas non nos dan"

Para o Partido Popular a carta que están recibindo os alcaldes sobre o Fondo Concellos 2016 e non dicir nada é o mesmo. Así o manifestaron esta mañá os voceiros do grupo provincial, Nidia Arévalo e Ángel Moldes, que denuncian que é un escrito sen contido, que non aclara nin informa de nada novo, e que claramente é unha resposta rápida para saír do paso das críticas que vén facendo o PP a través das reunións que nas últimas dúas semanas está realizando con voceiros e alcaldes polas diferentes comarcas, e nas que denunciaban as dificultades que esta falta de información está provocando nos concellos para redactar os orzamentos de 2016.

Para Nidia Arévalo "falta concreción de orzamento, faltan cantidades para cada un dos apartados, e faltan bases ben redactadas de reparto. Falta todo. Aquí hai improvisación, a mesma que veñen amosando desde xullo".
"Esta carta faise tarde, mal e a correr. Necesitamos máis información. Estamos igual que en xullo, pero o máis grave é que queren enganar aos alcaldes con unha carta que non di nin aclara nada", critica. Para a deputada faltan moitas preguntas por contestar: "de canto diñeiro estamos falando? Canto lle vai a corresponder a cada concello? Canto corresponde a cultura? E a deporte? Non sabemos nada. Temos a mesma incerteza que tiñamos no mes de xullo. Moi boas palabras, moito abrir portas e ventás, que non hai libre disposición... pero queremos máis".

Os deputados reclaman "máis información, máis transparencia coas cantidades e máis comunicación para alcaldes, para clubs deportivos, asociacións veciñais e colectivos culturais, que teñen necesidade de saber que van a pasar coas liñas de subvencións de concorrencia competitiva e que non teñen ningún tipo de información a día de hoxe".

Dise na carta que este Plan Concellos 2016 suporá unha mellora de condicións para os concellos, que suporá un incremento das subvencións e que o importe fixo será moi superior para todos os concellos. Ángel Moldes pono en dúbida: "se a cifra que se vai destinar aos concellos son os 40 millóns dos que falan, as contas non nos dan. Isto é irrisorio, unha mentira, unha farsa de todo o que veñen anunciando. Un gran plan que ía dar solución a todos os problemas dos concellos. Sen saber a cifra exacta do Plan de Concellos 2016, que anda ao redor dos 40 millóns, temos o dato do anterior goberno. Case 50 millóns de euros".

En 2015, só en plans específicos para os concellos a Deputación de Pontevedra destinou 41 millóns de euros por concorrencia competitiva. Se lle suman as axudas directas a asociacións veciñais, colectivos culturais e clubs deportivos, a cifra ascende a 50 millóns de euros. A parte estarían os convenios específicos con cada concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones