Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pilar Alonso comeza a montaxe da súa intervención artística na Aula COVID de Tomiño

O Concello transformará a Casa da Cultura nunha aula de estudo con acceso a internet para que a mocidade teña un lugar ao que acudir en caso de posibles rebrotes

O Concello transformará a Casa da Cultura nunha aula de estudo con acceso a internet para que a mocidade teña un lugar ao que acudir en caso de posibles rebrotes

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Septiembre de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A artista Pilar Alonso xa comezou a montaxe de ‘Súbeo á nube’, un proxecto de intervención que busca facer máis acolledora e cálida a futura Aula COVID de Tomiño. O Concello transformará a Casa da Cultura nun aula de estudo con acceso a internet para que os e as estudantes teñan un lugar axeitado e cómodo para estudar e acceder a medios telemáticos en caso de posibles rebrotes de coronavirus ou un novo confinamento. O edificio, usado antigamente como cine, ten uns teitos de máis de 6 metros de altura, espazo no que Alonso creará unha nube física con todo o coñecemento gardado en papel e que foi dixitalizado e subido á nube virtual nalgún momento.

Tras un chamamento á veciñanza a que doara as enciclopedias, libros de estudo, apuntes... que tiveran na casa, a artista comezou a fiar cada folla “para tecer esa nube que vai ser como un tornado de papel que sube, rizando cada papel para que a estrutura tivese un efecto de subida e fora máis aéreo”. Un traballo laborioso que permitirá crear unha nube de 40 metros cadrados por riba das bateas de iluminación do que será un espazo de encontro para a mocidade.

Tanto a artista como o Concello agradecen a gran resposta dada pola veciñanza, que doou numeroso material para poder levar adiante o proxecto, xa que nesta nube estarán subidas enciclopedias publicadas dende os anos 60 ata o 2005.

O Concello de Tomiño investirá 50.000 euros na adecuación deste espazo en Aula COVID, que complementará o servizo de medios informáticos que presta a Aula CeMit. Ademais, para garantir a saúde de todas e todos os usuarios, a aula contará con distintas medidas de seguridade, como distancia mínima entre persoas, mamparas e xel hidroalcohólico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí