Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pily Reñones agasalla ao Concello de Tomiño cunha copia da obra seleccionada na última edición dos Premios Goya de Fotografía Profesional

A alcaldesa Sandra González agradeceu o agasallo e felicitou á artista polo seu traballo relacionado coa visibilización da muller

A alcaldesa Sandra González agradeceu o agasallo e felicitou á artista polo seu traballo relacionado coa visibilización da muller

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A fotógrafa tomiñesa Pily Reñones foi recibida hoxe no Salón de Plenos do Concello de Tomiño pola alcaldesa Sandra González e parte do equipo de goberno. Nun emotivo acto a rexedora, acompañada por varios membros do seu equipo, agradeceu a xenerosidade da fotógrafa, que quixo agasallar ao Concello cunha copia oficial da obra nomeada na categoría de Gráfico Documental nos últimos Premios Goya de Fotografía Profesional e Vídeo.

 

Sandra González, agradeceu o agasallo e felicitou á fotógrafa polo seu traballo relacionado coa visibilización da muller, “un tema co que estamos moi sensibilizados neste goberno”. Prometeu buscarlle un lugar moi especial, o mesmo que se fixo no ano 2019 con “Holanda”, retrato dunha ancián de Riós (Ourense), co que tamén obtivo un nomeamento aos premios de fotografía zaragozanos.

 

Fotógrafa especializada en vodas e actos sociais, cultiva unha rica faciana en fotos de autor, foto fixa para documentais e concertos, como os que fixo con Pablo Alborán, Fito, Hombres G, María do Ceu ou Herdeiros da Cruz.

 

A foto coa que logrou o seu segundo nomeamento aos Goya de Fotografía retrata a Virginia, unha muller de 92 anos, dunha parroquia de Ponteareas, avoa dunha amiga. Unha muller bella, vital e alegre que rexentou antigamente unha tenda de ultramarinos, da que garda innumerables lembranzas. Comentou a autora que a inspiración chegoulle cando viu á señora colocarse xunto a unha antiga pesa que aínda descansa enriba do mostrador. Pensou nese intre que a imaxe era “unha boa metáfora da vida; dos contrapesos, das penas e alegrías, do camiño...e dunha muller que finalmente sorrí”.

 

A fotógrafa quixo que o Concello tivera unha copia dese traballo tan importante para ela, “porque aquí todos os veciños e veciñas poden velo, na miña casa non”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí