Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pistoletazo de saída ao plan Deporemse que vai transformar por completo as vías municipais de 31 concellos da provincia

O novo plan Deporemse desenvolverá 3 proxectos no Baixo Miño cun impote de 1,4 millóns de euros

O novo plan Deporemse desenvolverá 3 proxectos no Baixo Miño cun impote de 1,4 millóns de euros

Fecha: 05 de Octubre de 2018

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado delegado de Cooperación, Carlos López Font, presidiu esta mañá o encontro informativo cos alcaldes e alcaldesas dos 31 concellos beneficiarios do Plan DepoRemse. Ao respecto, a presidenta informou que a reunión tiña por obxectivo "facilitar aos concellos o camiño, achegándolles o modelo de convenio, e atender as súas dúbidas para que non haxa dificultades e poidan licitar os proxectos canto antes".

"Hoxe é un gran día porque arranca o DepoRemse para cambiar por completo esta provincia", asegurou Silva. "Queríamos dar un paso máis, estender o noso modelo ás vías municipais para construír unha provincia distinta, do século XXI, baseada nos principios de mobilidade, de accesibilidade universal, de seguranza viaria e de recuperación do espazo publico para as persoas", destacou a presidenta.

Neste eido, Carmela Silva felicitou aos gobernos locais polo traballo desenvolvido e aclarou, "con todo o cariño, afectividade, e empatía, que cada concello recibe do Plan DepoRemse o que nos solicitou, e que os proxectos presentados responden exclusivamente ás súas necesidades". Así, dos 48 proxectos que concorreron ao plan soamente 31 cumpriron cos requisitos técnicos da convocatoria, de xeito que os concellos beneficiarios reciben os recursos atendendo aos criterios das bases e en función dos orzamentos dos proxectos. "Hai concellos que presentaron proxectos por valor de 500.000 euros, outros por valor de 150.000 e outros por valor de 70.000, é dicir, os recursos non dependen das decisións da Deputación, senón do que piden os concellos", aclarou Carmela Silva.


A presidenta tamén quixo agradecer aos alcaldes, alcaldesas e persoal técnico presente no encontro as iniciativas que se van poñer en marcha nos concellos a través do Plan DepoRemse. "Falamos de proxectos que van dende a mellora da comunicación intermunicipal, ata outros para o fomento da actividade económica, o impulso de espazos para congresos e chan industrial, a mellora da mobilidade cara centros educativos e sanitarios e a recuperación do espazo público para as persoas", informou Silva.

Finalmente, a presidenta recordou que o plan DepoRemse responde á necesidade de financiamento dos concellos de menos de 20.000 euros para afrontar actuacións nas vías municipais. Neste eido, Silva aproveitou a convocatoria para manifestar que "somos conscientes de que os recursos dos concellos de menos de 20.000 habitantes son moi escasos, polo que fago un chamamento ás administracións competentes para que teñan en conta que son necesarios máis recursos para garantir a suficiencia financieira e a autonomía local".

Deporemse na Guarda

o Concello da Guarda vai ser beneficiario a través da mellora da mobilidade e seguridade no entorno das rúas Vigo e Celta.

No entorno destas rúas A Guarda conta con numerosas instalacións e equipamentos públicos coma o Centro de Saúde, o Conservatorio de Música, o Pavillón Municipal, o IES A Sangriña, o CEIP A Sangriña, o Estadio Municipal da Sangriña, lugares que son frecuentados por milleiros de persoas, na súa maioría rapaces e rapazas, para asistir a estes equipamentos.

Coa posta en marcha deste proxecto se pretende mellorar estes desprazamentos peonís, mellorando a seguridade dos usuarios, peóns e tamén a circulación de vehículos, coa construción dunha glorieta no coñecido coma «cruce dos bechos».

As obras realizaranse na Rúa Vigo, dende o enlace coa PO-552 ata as proximidades do Pavillón Municipal e en parte Rúa Celta, sendo esta actuación unha primeira fase, que se pretende ampliar en futuros proxectos para dar continuidade á humanización da totalidade destas dúas rúas.

O Proxecto de mellora da mobilidade e seguridade no entorno da rúa Vigo e Celta, conta cun orzamento de 588.235,29 euros, dos cales 500.000 apórtaos a Deputación de Pontevedra e 88.235€ o Concello da Guarda.

Deporemse en Tomiño

En Tomiño o plan permitirá mellorar a mobilidade e seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicas da Praza do Seixo, cun orzamento de 669.009,59 euros dos cales a Deputación achega 500.000 e o concello 169.009

Deporemse en Tui

En Tui vaise realizar a mellora da seguridade viaria no núcleo da Torre en Paramos, cun orzamento de 499.815,97 euros dos que a Deputación achega 424.843 e o concello 74.972. 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones