Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pleno infantil para conmemorar o Día Universal da Infancia en Tomiño

140 nenos e nenas de sete centros escolares de Tomiño participaron nesta iniciativa organizada en colaboración con Unicef

140 nenos e nenas de sete centros escolares de Tomiño participaron nesta iniciativa organizada en colaboración con Unicef

Fecha: 21 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Un ano máis, o Concello de Tomiño comprométese coa infancia. Para conmemorar o 20 de novembro, Día Universal dos Dereitos da Infancia, o concello acolleu un pleno infantil organizado en colaboración con Unicef para dar voz aos nenos e nenas sobre a realidade que os rodea e facilitarlles a súa participación activa na política local.

O salón de plenos do concello recibiu este luns a preto de 140 rapaces e rapazas de sete centros escolares de Tomiño que centraron os seus discursos e traballos no cambio climático e, como consecuencia, na vaga de lumes sufrida na provincia o pasado mes de outubro.

Durante hora e media, aproximadamente, alumnos e alumnas de cada centro público do municipio (Pedro Caselles, Sobrada, Tebra, Barrantes, Pintor Antonio Fernández, CRA Mestre Manuel Garcés e Antón Alonso Ríos) reflexionaron sobre consecuencias dos incendios sobre a contorna natural e propostas para o seu coidado, sobre as consecuencias do cambio climático na saúde dos nenos e nenas e sobre coidados da contorna que non se estean levando a cabo, así como sobre posibles accións de concienciación. Ademais, os participantes fixeron varias propostas de xogos para realizar en plena natureza.

Por outra banda, o CRA Mestre Manuel Garcés presentou un vídeo resumo sobre o proxecto realizado arredor da vaga de lumes, unha iniciativa que contou coa colaboración dos músicos Manu Chao e Ce Orquestra Pantasma. Con esta campaña ideada polos rapaces e rapazas búscase concienciar ao conxunto da poboación sobre a necesidade de coidar o pulmón do planeta, os bosques. Porque, como di a campaña, "cando un monte se queima, con el arde tamén un anaco de nos e as súas cinzas lévanse a vida, a beleza e a tradición". Esta campaña trata de recoller imaxes das consecuencias dos incendios a través da páxina de Facebook do CRA Mestre Manuel Garcés ou do correo electrónico cra.tominho@edu.xunta.es.

O concello de Tomiño está traballando para acadar o recoñecemento por parte de Unicef de Cidade Amiga da Infancia, non só aplicando nas súas políticas, normas e programas os dereitos da infancia contidos na Convención dos dereitos dos nenos e nenas, senón tamén loitando por amplialos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones