Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PODEMOS GALICIA SÚMASE ÁS MOBILIZACIÓNS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Carolina Bescansa e Carmen Santos secundarán a manifestación do xoves en Vigo

O presidente de SOS Sanidade Pública participou o luns nun encontro de Podemos Galicia para debater coa cidadanía os problemas da área sanitaria de Vigo

Fecha: 12 de Mayo de 2016

Fuente: Podemos Galicia

Podemos Galicia quere amosar o seu firme apoio á sanidade pública e á mobilización impulsada pola plataforma SOS Sanidade Pública que sairá ás rúas de Vigo mañá xoves as 20 horas dende a praza de España para rexeitar os recortes e as privatizacións de Nuñez Feijóo. A manifestación contará coa presenza destacada de Carolina Bescansa, número tres de Podemos, e de Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia.
Como acto previo á mobilización, Podemos Galicia organizou na tarde do luns un encontro cidadán aberto no que o presidente da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, agradeceu a Carmen Santos o seu apoio. Tamén estivo presente o ata hai pouco senador de En Marea, José García Buitrón, e Antonia Serrano, enfermeira do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Neste encontro púxose de manifesto o catastrófico panorama da sanidade na área de Vigo, agravado polas condicións en que se fixo o traslado ao novo Hospital Álvaro Cunqueiro, o peche de hospitais e centros de atención primaria e continuada, o sistemático recurso aos servizos privados, etc. Tamén se insistiu na necesidade de que a sanidade centre o debate e a axenda política e de incluír a toda a cidadanía nesta loita para acadar de novo un sistema público, universal e de calidade. Santos afirmou, ademais, que "Vigo está sendo utilizado por Feijoó e Rajoy como un laboratorio da privatización da sanidade pública co obxectivo de darlle negocio aos amigos dentro do seu xogo de portas xiratorias".
"Agora mesmo, o futuro modelo da sanidade do Sr. Feijóo estase experimentando na área sanitaria de Vigo, de aí a importancia de paralizar a súa extensión" afirma a secretaria de benestar de Podemos Galicia, Patricia Grela, quen tamén incide en que "a nosa implicación como sociedade, a nosa loita pola defensa do público, iniciada polas persoas que velan pola nosa saúde, é imprescindible"
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones