Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

POLÉMICA POLA DE LIMPEZA DAS MARXES DAS ESTRADAS CON HERBICIDAS

Colectivos ecoloxistas denuncian o emprego de herbicidas

Colectivos ecoloxistas denuncian o emprego de herbicidas

Fecha: 16 de Mayo de 2016

Fuente: Infomiño.com

A Xunta de Galicia deu comezo nos últimos días aos traballos de limpeza das marxes das estradas e iniciará en canto a climatoloxía o permita a campaña de renovación da sinalización horizontal das estradas da rede autonómica na provincia.


Trátase sobre todo de desbroces e repintados que deben facerse durante esta época, cando xa xerminaron as especies herbáceas, con tempo seco. A limpeza das cunetas incrementa, ademais, a efectividade da estrada como cortalume en caso de incendio.

As actividades de mantemento, desbroce e segado da vexetación nas marxes das estradas iniciáronse na última semana de abril, empezando nas zonas onde a vexetación, por particularidades climáticas ou biolóxicas, presenta un estado máis avanzado. Actuarase sobre máis de 740 quilómetros da rede autonómica de estradas na provincia de Pontevedra.


Deste xeito, increméntase a seguridade na circulación ao mellorar as condicións de visibilidade e diminuír a presenza de materia potencialmente esvaradiza; optimiza a capacidade de evacuación dos sistemas de drenaxe da estrada (cunetas, tubos...), evitando estancamentos por vexetación; favorece a percepción da irrupción de animais na calzada con maior antelación, permitindo dispoñer dun maior tempo de reacción ao condutor para evitar posibles colisións; e ademais, o aspecto limpo disuade de posibles verquidos incontrolados.


A renovación da sinalización horizontal consiste, na súa parte fundamental, no repintado das marcas viarias. Nesta campaña está previsto o repintado de ao redor de 350 quilómetros de estrada. Os traballos se iniciarán en canto a climatoloxía sexa favorable e serán completados nos meses de verán.

Algúns colectivos ecoloxistas manifestaron a súa postura en contra ó emprego de herbicidas sobre a vexetación das cunetas das estradas, manifestan que xa teñen remitido a súa postura tanto á Xunta de Galicia coma á Deputación de Pontevedra, aínda que sen ter recibido resposta algunha.

Tamén veciños manifestaron a súa postura en contra ó emprego de herbicidas en lugares que son frecuentados por nenos, camiñantes, deportistas e animais, reclamando que se informe sobre os productos empregados e a súa posible toxicidade.

Dende a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestructuras, ante a nosa pregunta sobre o emprego de herbicidas, manifestaron ó seguinte:

"A Axencia Galega de Infraestruturas, dentro das operacións de conservación e mantemento das estradas de titularidade autonómica, leva a cabo actuacións para o control da vexetación das súas marxes. Estas tarefas son imprescindibles para manter a funcionalidade da rede e garantir a seguridade viaria, e materialízanse mediante dous tipos de actuacións:
- Campañas de roza e control de vexetación, tanto con medios propios como polas empresas adxudicatarias dos distintos contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal, e polas empresas concesionarias da explotación das autoestradas que se xestionan con esta modalidade.
- A aplicación de herbicidas; debido ás súas especiais características, nunca se realiza con medios propios; sempre son as empresas dos contratos de conservación, ou as concesionarias, as que realizan ou subcontratan este tipo de traballos especializados.

A aplicación complementaria destes dous sistemas de control da vexetación consegue un resultado mais durable e eficiente, e mais seguro desde o punto de vista da seguridade ao reducir a ocupación da calzada.

Os pregos técnicos que rexen todos os contratos de conservación e concesión obrigan ás empresas ao cumprimento da lexislación e normativa vixente e que sexa de aplicación para todas as distintas actividades que son obxecto do seu contrato.
Concretamente, para a aplicación dos produtos sanitarios é de obrigado cumprimento o disposto no Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. Sempre se empregan produtos comerciais autorizados e que cumpran os requisitos que se determinan no anexo VIII do dito Real Decreto. Así mesmo, dentro da variedade de produtos existentes con base glifosato, dáselle preferencia ao uso daqueles do tipo triple A (AAA), os menos contaminantes para o ambiente.

Este tipo de traballos especializados son realizados por empresas con ampla experiencia neste ámbito. Os seus operarios contan cos certificados de aplicador profesional requiridos para o emprego deste tipo de produtos, así como coa formación técnica e os equipos de protección individual necesarios e a acreditación da posterior xestión dos residuos (envases).

A aplicación dos produtos fitosanitarios, ou ben con mochilas manuais con lanzadeira e pantalla no extremo, de xeito que a aplicación sexa localizada e non derive cara a outras plantas, ou ben con camións con boquillas antideriva.

Cómpre indicar, ademais, que na rede autonómica de estradas non se realizan fumigacións con grandes cantidades de herbicidas, senón que se utilizan as cantidades estritamente necesarias. As aplicacións realízase coa máxima precaución, suspéndense 50 m antes como mínimo da chegada a un cauce ou regato, trabállase a baixa presión e nunca se aplica con velocidades de vento superiores a 20 Km/h e evitando sempre a presenza de peóns e outros usuarios da vía."

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones