Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pontegal 2017 establece dúas categorías específicas para as compañías profesionais de teatro

Entre o 3 de xaneiro e o 1 de febreiro poderán presentar as solicitudes segundo o modelo que se facilita na páxina web da Deputación

Entre o 3 de xaneiro e o 1 de febreiro poderán presentar as solicitudes segundo o modelo que se facilita na páxina web da Deputación

Fecha: 30 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Ata o vindeiro 1 de febreiro permanecerá o prazo aberto para que os grupos e artistas poidan solicitar a súa inclusión no Pontegal 2017. As bases de dito programa saen publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e inclúen o formulario de solicitude que debe presentarse debidamente cumprimentado e coa documentación anexa pertinente en cada caso.

A principal novidade na convocatoria deste ano atópase no apartado de Teatro, no que se establecen dúas categorías para compañías profesionais e unha para compañías non profesionais. Tamén nesta convocatoria se inclúe unha categoría para 'bandas de jazz' e outra para 'conferenciantes', na que poderán inscribirse persoas con titulación media e superior e que acrediten publicacións sobre as temáticas nas que se inscriban.

"Coa inclusión de novas categorías específicas queremos abrir un camiño cara a dignificación do teatro profesional, e avanzar cara a consolidación dun circuíto estable para esta disciplina" asegurou o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal. Neste sentido, hai que destacar que as categorías relativas a Teatro profesional son as que máis contía económica contemplan nesta edición do programa. Na categoría Teatro (Grupo A) a Deputación asumirá 800 euros, mentres que na categoría (Grupo B) a Deputación asumirá 500 euros. As propostas das compañías serán valoradas segundo os parámetros que se establecen nas bases, e en función da puntuación acadada serán incluídas no Grupo A ou B segundo corresponda.

A táboa da edición 2017, ademais de incluír as novas categorías mencionadas, tamén establece incrementos nas contías que asume a Deputación nas categorías relativas a 'audiovisuais', 'bandas de gaitas', 'grupos de folk', 'orquestras clásicas', e 'pop-rock'. Dita táboa recolle o importe correspondente a cada tipo de grupo, establecendo un total de 35 clasificacións. Así, para as bandas de música establécese un baremo máximo de 600 euros e mínimo de 450, segundo a clasificación de cada unha -número de membros e escola de música-. Para as masas corais contémplanse importes de 270 e 240 euros segundo a clasificación; para os grupos folclóricos o abano vai entre os 270 e os 200 euros; e para animación infantil, cantautores/as, poetas, e humoristas establece un importe de 210 euros.

Os importes recollidos nesta táboa correspóndense á cantidade que abonará a Deputación por cada actuación, polo que o resto do importe do caché debe ser asumida pola entidade que contrata dita actuación -concellos ou asociacións sen ánimo de lucro-.

Dinamización do galego

Todos o grupos, compañías e artistas cuxas inscricións sexan aceptadas neste programa deben realizar as súas actuacións, conferencias e/ou audiovisuais obrigatoriamente en lingua galega. Esíxeselle ademais que presenten xunto coa documentación unha declaración asinada na que se comprometen a empregar a lingua galega e unha linguaxe non sexista no desenvolvemento das súas actuacións. Esta obriga tamén debe ser atendida polos concellos e asociacións que soliciten as actuacións, conferencias e audiovisuais, que deben facer toda a cartelería, promoción, e difusión en idioma galego. "Queremos continuar coa política iniciada o pasado ano de apostar pola cultura feita en galego, así como pola promoción e difusión no noso idioma" sinala Xosé Leal. Asegura ademais que "o Pontegal é un programa con grande demanda, que queremos que se siga consolidando tanto para dar cabida ás expresións artísticas da nosa provincia como para atender as demandas de concellos e asociacións, polo que a aposta polo idioma debe ser fundamental".

 

A través do Pontegal 2016 a Deputación apoiou un total de 2.595 actuacións solicitadas tanto por concellos como por entidades asociativas.

O uso do galego é un dos criterios básicos incluídos na adxudicación das actuacións, e que xa fora contemplado na pasada edición, atendendo a un dos acordos recollidos no pacto de goberno da institución provincial, que se fundamenta na promoción e defensa do uso do idioma tanto na propia institución como entre a cidadanía. Así, tanto artistas como concellos e asociacións están obrigados e obrigadas a realizar a publicidade en lingua galega, empregar unha linguaxe non sexista e introducir o logo do Pontegal de xeito visible. O non cumprimento destes requisitos é motivo de exclusión das axudas deste programa.

Pontegal 2016

Pontegal é o programa mediante o cal a Deputación de Pontevedra colabora cos concellos e coas asociacións sen ánimo de lucro para que contraten actuacións de grupos, compañías e artistas inscritos en dito programa. Na pasada edición, o Pontegal fora dotado cunha partida de 700.000 euros que debido á alta demanda de actuacións foi incrementada ao longo do ano, polo que na edición de 2017 a partida de inicio xa ascende a 800.000 euros.

No pasado exercicio o número de artistas, grupos e compañías inscritos ascendera a 1.346, unha cifra que segundo indica Xosé Leal "esperamos que se incremente neste ano, porque o que pretendemos e dar cabida a todos e todas as profesionais da provincia, para que teñan a opción de participar do apoio da Deputación". En canto ao número de actuacións concedidas no 2016, ascenderon a 2.596 sendo as máis solicitadas as correspondentes a bandas de música, animación infantil e proxección de audiovisuais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones