Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pontevedra: Segunda provincia con máis praias con bandeiras azuis e primeira en Sendeiros azuis

A presidenta da Deputación agradeceu o compromiso de administracións e sector privado -para que Rías Baixas mostre o músculo como destino punteiro en turismo sustentable-

A presidenta da Deputación agradeceu o compromiso de administracións e sector privado -para que Rías Baixas mostre o músculo como destino punteiro en turismo sustentable-

Fecha: 14 de Mayo de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción polo número de galardóns obtidos pola provincia en canto a bandeiras, sendeiros e centros azuis que se coñeceron esta semana e que "mostran unha vez máis que estamos a facer ben as cousas e cun obxectivo claro, facer que Pontevedra sexa unha provincia de turismo sustentable"

A presidenta puxo en valor que Pontevedra conseguira este ano 55 bandeiras azuis. "Son dúas máis que o ano pasado, co que xa somos a segunda provincia do Estado con máis praias galardoadas". Silva tamén considerou "excepcional o número de galardóns nos sendeiros azuis, tanto que por segundo ano consecutivo a provincia volve a ser a vencedora no territorio español, alcanzando ata 17 carreiros premiados. É potentísimo", dixo. En canto a Centros Azuis, os distintivos que se entregan a aqueles concellos con praias de Bandeira Azul, Pontevedra sitúase como líder dentro de Galicia con oito centros en seis concellos da provincia.

A presidenta provincial tamén felicitou a Mourente (Pontevedra) porque a Festa do Caldo, que leva 27 anos en desenvolvemento, acaba de ser declarada de interese turístico de Galicia tras acreditar o seu valor cultural, de arraigo e singularidade. Con esta declaración, Pontevedra reúne xa 51 festas de interese turístico (galego, nacional e internacional).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí