Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pontón pide o voto indeciso para o BNG: -é un voto con premio extra porque defende Galiza e frea á dereita rancia e antigalega-

Salienta no mitin en Tomiño que para elixir a papeleta do Bloque -non fai falta ser nacionalista senón querer un futuro mellor para este país-

Salienta no mitin en Tomiño que para elixir a papeleta do Bloque -non fai falta ser nacionalista senón querer un futuro mellor para este país-

Fecha: 22 de Abril de 2019

Fuente: BNG Tomiño

A portavoz nacional, Ana Pontón, asegurou no mitin de Tomiño que até as enquisas empezan a recoller que o BNG está en remontada empuxado por unha corrente de simpatía que non deixa de medrar. Convencida de que a formación nacionalista "será a sorpresa" destas eleccións, fixo unha apelación ás persoas que están indecisas porque a papeleta do Bloque ten valor extra.

"O 28A as galegas temos a oportunidade de ser decisivas cun voto que ten un premio extra, porque co voto ao BNG defendemos Galiza, defendemos dereitos sociais, liberdades públicas e democracia, pero tamén impide que haxa nin un só escano desa dereitona rancia, machista e antigalega a que lle estamos disputando escanos na Coruña en aquí en Pontevedra, a esa dereita que representa VOx e CDs", argumentou.
Para optar polo Bloque, salientou, non fai falta ser nacionalista, "o único que se necesita é levar a Galiza na cabeza e no corazón, querer que este país teña un futuro mellor e acabar cun trato discriminatorio que nos impide saír adiante". Neste contexto, fixo unha apelación ao voto das persoas indecisas que noutras ocasións non tiveron BNG como primeira opción.
"A todas esas persoas que teñan preocupación e non saben aínda a quen votar dígolles que a papeleta do BNG é un voto que ten premio extra porque non só defendemos os intereses de Galiza sen ataduras, senón que tamén vale para frear a extrema dereita antigalega", recalcou.

Poñendo Tomiño como exemplo da capacidade do Bloque para mellorar a vida da xente, Pontón recalcou que os deputados e deputadas do BNG nun Congreso se maiorías absolutas conseguirán acabar coa discriminación e darlle voz propia ao país, como teñen vascos, cataláns, valencianos ou canarios, "non podemos ser os únicos ausentes".


"Digo desde a humildade pero con orgullo e co aval do traballo feito cando o BNG estaba no Congreso: Somos garantía de que os problemas dos galegos e das galegas van estar en Madrid, garantía de que haberá solucións a eses problemas", fronte aos elixidas por Galiza pero que nada fixeron.

"De que nos valeron 23 escanos ás ordenes de xefes en Madrid? Conseguiron as forzas estatais que as pensións dos nosos maiores deixen de estar á cola do Estado? Conseguiron os 188M€ que nos deben en Dependencia, conseguiron derrogar a LOMCE, as contrarreformas laborais ou a Lei Mordaza, acabar coa estafa da AP9? A resposta é unha sucesión de non, non, e máis non", denunciou Pontón.

Pero iso vai cambiar o 28 de Abril, -proclamou- "enchendo as urnas de votos ao BNG, de votos a favor de Galiza a favor do noso futuro e dos nosos fillos e das nosas fillas".

Tomiño tamén contaba en Madrid
A candidata ao Congreso por Pontevedra, Carme da Silva, asegurou que replicará en Madrid o bo facer do BNG en Tomiño, hoxe concello referente na comarca. "O voto ao BNG fixo mellorar a vida da veciñanza neste municipio e no Congreso imos dar voz a Galiza e defender este país fronte ás forzas que nos ignoran e á dereita rancia da que somos a antítese", salientou.

Da Silva fixo fincapé en que cando houbo deputados nacionalistas en Madrid conseguíronse investimentos para o Baixo Miño, o que contrasta co esquecemento no que sumiron á comarca PP e PSOE con En Marea-Podemos. A modo de exemplo, lembrou que foi Francisco Jorquera como deputado quen conseguiu o orzamento das obras de rehabilitación da Fortaleza de Goián.

Pola contra, indicou que cando o BNG deixou de ter representación perdéronse partidas incluso xa consignadas, como aconteceu coa do proxecto da Biblioteca, unha iniciativa que tiña aplicación orzamentaria aprobada e que foi "chimpada" por Raxoi cando o Bloque deixou de condicionar as políticas do Estado ao non ter escanos en Madrid.

"Cando o BNG tiñamos deputados e deputadas no Congreso, en Madrid sabían que Galiza existe e tiñan que ternos en conta. Condicionabamos as políticas e os orzamentos do Estado", subliñou, para pedir a todas as persoas que lle queren ao país, "votantes do BNG ou non", a facer que "Galiza volva ser protagonista".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones