Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pontón propón impulsar o banco de terras para dar superficie aos viveiros do Baixo Miño

A portavoz do BNG visitou o concello de Tomiño onde tamén mantivo unha xuntanza coa asociación de persoas usuarias das traídas de augas

A portavoz do BNG visitou o concello de Tomiño onde tamén mantivo unha xuntanza coa asociación de persoas usuarias das traídas de augas

Fecha: 13 de Mayo de 2017

Fuente: BNG - Baixo Miño

Na súa visita ao concello de Tomiño, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón salientou que naqueles concellos onde goberna o BNG teñen lugar rápidos cambios que "democratizan os concellos, devolven os espazos públicos aos cidadáns e apostan por servizos públicos de calidade".

A portavoz do BNG mantivo ao longo do día diversos encontros con axentes sociais e económicos do concello nos que tamén participaron a alcaldesa nacionalista, Sandra González e a deputada por Pontevedra, Montse Prado.

Na reunión coa asociación COXAPO, que aglutina a máis de 76.000 usuarios e usuarias das traídas de augas, Pontón comprometeuse a trasladar ao Parlamento os problemas derivados do novo regulamento da Confederación Hidrográfica Miño Sil e que ameaza a xestión pública da auga e seguir denunciando publicamente as políticas privatizadoras da Xunta de Galiza. "Existe un sistema de xestión comunitario que garante, cumprindo coa legalidade o subministro de auga a toda a poboación" e levaremos iniciativas ao Parlamento para que o que "existe na actualidade se regularice", dixo.

Por outra parte, a portavoz do BNG propuxo restituír o banco de terras para dar superficie aos viveiros do Baixo Miño, un sector, afirmou, do que viven máis de 500 persoas, entre elas moitas mulleres e que segue creando moitos postos de traballo No encontro cos representantes do sector viveirista, a nacionalista lembrou que a iniciativa do banco de terras, impulsadas polo BNG, daba resposta á falta de superficie para a produción pero o Goberno do Partido popular "paralizou o desenvolvemento desta iniciativa". Pontón lembrou que que o concello de Tomiño conta co maior número de viveiros de Galiza e ocupa o quinto lugar no Estado. Este sector, da flor e horta vive un momento de gran crecemento polo que debe contar con terras que na actualidade non producen. Neste sentido, recalcou que é preciso poñer en marcha o banco de terras para dar resposta ás demandas d@s viveiristas.

Asemade, a portavoz do BNG visitou o mercado remodelado no ano 2015 polo goberno liderado pola alcaldesa nacionalista, Sandra González e que conta coa denominación de "mercado excelente" outorgada pola Xunta de Galiza e a Escola municipal de Música á que asisten máis de 150 alumnos e alumnas de Tomiño e da localidade portuguesa, Vilanova de Cerveira, iniciativa transfronteiriza que leva o nome de "Gotas de auga por gotas de música".

A visita ao concello de Tomiño finalizou coa participación da portavoz nacionalista nun nun acto aberto á cidadanía baixo o título "Os retos do nacionalismo do futuro".

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones