Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pontón propón o modelo transformador do BNG fronte os que trouxeron decepción e os que repiten políticas fracasadas

E Tomiño pide reforzar o apio a Sandra González: -Tendes unha alcaldesa de champións para que este concello siga avanzando imparable-

-O escano do BNG en Bruxelas volverá ser, con máis forza, o escano do pobo galego-

Fecha: 20 de Mayo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

A portavoz nacional, Ana Pontón, pechou unha intensa xornada de campaña en Tomiño onde colocou o modelo municipal do BNG como a alternativa aos que só ofrecen as políticas fracasadas de sempre e os que prometeron cambialo todo pero só provocaron decepción.

"Onde gobernamos transformamos, construímos concellos con calidade de vida, exemplos de democracia participativa, capaces de sacarlle partido a cada euro, concellos feministas, sustentables, honestos e libres de corrupción. Onde gobernamos aplicamos política social, practicamos un urbanismo para as persoas, e fomentamos o orgullo polo noso, pola nosa lingua e a nosa cultura", puxo en valor a líder do BNG.

Un modelo que funciona "fronte e aos que se empeñan en aplicar vellas políticas fracasadas e fronte aos que só trouxeron decepción e miran para fora copiando modelos alleos a nosa realidade", argumentou. Ese "modelo transformador" é o que o Bloque quere estender a cantos máis concellos mellor o 26M.

"Temos as ideas claras e imos a por todas, non nos poñemos límites porque, con toda humildade pero tamén con todo orgullo, digo que temos o mellor proxecto para os concellos, e o demostramos. Por iso queremos sumar concelleir@s, ganar máis alcaldías a favor das persoas, e ser decisivos en todas as cidades do país", subliñou.

Pontón insistiu en que os votos ao BNG serán decisivos para "abrir o tempo novo" en Galiza nas eleccións galegas, convencida de que tras o descalabro do 28A, o PP de Feixóo volverá levar un batacazo este 26M, "é o definitivo será en 2020 onde recibirá o finiquito nas urnas". "Avanzar nos concellos é avanzar cara ese tempo que queremos abrir en Galiza, que o Bloque está en disposición de liderar cun proxecto de país, solvente, unido e coa man tendida".

Pontón colocou Tomiño como un exemplo do modelo municipal de éxito do BNG que, unha vez máis, logrou transformar unha vila decadente nun referente en todo o Baixo Miño.

"Fai doce anos, Sandra González e todo o seu equipo empezaron a facer historia neste concello, colocaron Tomiño no mapa e hoxe é un municipio ao que se mira con admiración porque é un concello dinámico, modernizado, participativo, con servizos públicos de calidade, cun urbanismo renovado e pensado para as persoas, amigo da infancia, cunha intensa axenda cultural", explicou.

Chamamento á mobilización
Por iso, de cara o 26M pediu á veciñanza un apoio reforzado para a candidata, "porque tendes unha alcaldesa de champións para que este concello siga avanzando imparable". Pese á confianza nun gran resultado nas eleccións, Pontón fixo un chamamento á mobilización e a non dar nada por feito.

"Temos que mobilizarnos, estar activos até o último minuto, chamar a todas as portas, falar con todas as persoas que coñecemos para explicarlles este modelo municipal que mellora a vida da veciñanza, explicarlle as nosas propostas para facernos ouvir no Parlamento europeo, e conseguir o 26M que as urnas se enchan de papeletas do Bloque", concluíu.

Por unha Europa social e dos pobos
A candidata á eleccións europeas, Ana Miranda, destacou a importancia de que Galiza reforce a súa representación en Europa a través do escano BNG "que volverá ser o escano do pobo galego". Co aval do traballo feito, a actual eurodeputada recalcou que é clave ter unha voz propia "que dea a cara polos intereses" deste país, pois na UE se toman a diario decisións que afectan directamente os sectores produtivos.


No caso de Tomiño e de toda a comarca do Baixo Miño fixo referencia ao sector vitivinícola, aos sector pesqueiro e ao sector de produción de flor e de horta, "sobre os que a UE lexisla e aí estará o BNG para evitar que se faga ignorando os intereses dos e das produtoras de Galiza".


Xunto coa defensa dos intereses dos sectores produtivos, Miranda tamén se comprometeu a batallar polos dereitos das mulleres, "porque en momentos de involución como os que padecemos non podemos dar nin un paso atrás", a favor das persoas refuxiadas, pola recuperación de dereitos e liberdades, -tamén no plano laboral-, e para sumar a favor dunha Europa social, solidaria e dos pobos. "Esta Europa non nós vale e hai que mudala", salientou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones