Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PONTÓN SALIENTA QUE O GOBERNO DE TOMIÑO FOI CAPAZ DE FACER UNHA REVOLUCIÓN -A FAVOR DA VECIÑANZA- NUN CONCELLO QUE ESTABA -VARADO NO TEMPO-

Valora que é -un espello- no que pode mirarase a Xunta coa súa aposta polos servizos sociais, infraestruturas educativas e comercio local

Valora que é -un espello- no que pode mirarase a Xunta coa súa aposta polos servizos sociais, infraestruturas educativas e comercio local

Fecha: 15 de Marzo de 2016

Fuente: BNG - Prensa

A portavoz nacional, Ana Pontón, colocou ao Concello de Tomiño como "unha referencia" da capacidade do BNG de poñer os gobernos locais ao servizo das persoas e levar adiante proxectos de transformación que redundan en beneficio da calidade de vida da veciñanza.

"O traballo da equipa de goberno municipal que lidera a alcaldesa Sandra González demostra que se pode transformar a realidade en positivo, que se pode transformar un concello que parecía varado no tempo nun referente para toda a comarca do Baixo Miño en materia de servizos, de infraestruturas sociais e culturais, de dinamismo comercial e de apoio aos sectores produtivos", salientou a tamén deputada Ana Pontón, na súa primeira visita institucional ao concello de Tomiño como responsable nacional do Bloque.

"A chegada do BNG ao concello supuxo unha revolución", sintetizou Pontón, tras coñecer de primeira man as principais iniciativas e proxectos desenvolvidos polo goberno municipal: a rehabilitación do mercado para reactivar o comercio de proximidade e darlle saída aos produtos locais, a humanización de espazos públicos, a creación de novos servizos como a escola infantil de Goiáns que estará operativa no próximo curso, a posta en marcha da escola de música ou o proxecto de peonalización do Espazo Fortaleza.

Para a portavoz nacional, a xestión municipal do BNG é unha "evidencia" das prioridades políticas do Bloque fronte as do PP expresadas polo novo responsable en Pontevedra e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

"Hai dúas maneiras diferentes de entender o país, e vemos como os máximos dirixentes do PP esquecen cal é a realidade e os problemas que temos. No BNG entendemos que o problema fundamental dos galegos e das galegas é o desemprego e por iso parécenos lamentable que o reto do novo presidente do PP en Pontevedra sexa recuperar a Deputación", critica Pontón, quen considera que "o último que precisa Pontevedra é que a política caciquil do PP volva ao ente provincial e aos concellos".

A portavoz nacional, neste sentido, considera fundamental derrotar as políticas do PP e desaloxar a Feijóo do goberno da Xunta, derrota na que, subliñou, "o BNG debe xogar un papel clave recuperando pulso e conexión coa sociedade, pulso social e electoral para favorecer un cambio. En moitas cuestións, ese cambio necesario pode tomar como referencia a acción de goberno do BNG en Tomiño", concluíu.

Pola súa parte, a alcaldesa Sandra González puxo en valor o traballo feito polo goberno municipal, durante a visita ás diferentes actuacións xa realizadas ou moi avanzadas: recuperación do mercado municipal, a escola de música, a escola infantil ou as actuacións no Espazo Fortaleza. Valorou moi especialmente a "implicación e participación" dos veciños e veciñas nos proxectos impulsados polo goberno local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones