Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Positiva acollida dos novos servizos tecnolóxicos da Deputación aos concellos

So nun mes de prazo xa son 19 solicitudes de adhesión ao servizo de padrón municipal e 49 entidades locais sumaranse ao servizo de impresión e dixitalización

So nun mes de prazo xa son 19 solicitudes de adhesión ao servizo de padrón municipal e 49 entidades locais sumaranse ao servizo de impresión e dixitalización

Fecha: 09 de Abril de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

No prazo dun mes, desde a presentación dos novos plans provinciais tecnolóxicos para os concellos da provincia, a Deputación de Pontevedra xa recibiu 19 solicitudes de adhesión ao servizo de padrón municipal de habitantes e 49 entidades locais mostraron o seu interese polo servizo de impresión e dixitalización. En concreto, respecto a este último servizo, Carmela Silva informou que "xa entraron por rexistro 30 peticións e outras 19 entidades locais manifestaron a súa intención de presentar a solicitude de maneira inmediata".

En canto ao servizo de padrón municipal de habitantes, trátase dun servizo novidoso que pretende solucionar os problemas existentes nos concellos na actualidade que veñen dende a heteroxeneidade das solucións implantadas para xestionar o padrón, ata solucións desfasadas con mantementos incorrectos e que non se atopan integradas coa administración electrónica.
Segundo recordou Carmela Silva, "a Deputación de Pontevedra destina 500.000 € a este novo servizo, absolutamente gratuíto para os concellos de menos de 50.000 habitantes, que permite migrar os datos existentes nas aplicacións actuais de cada concello así como integralo na plataforma de administración electrónica, facilitando a xestión de expedientes e a realización de trámites municipais, evitando colas e desprazamentos". O servizo de padrón, que se ofertará a través dunha nube privada, inclúe tamén formación en cada concello e mantemento correctivo e evolutivo, co obxectivo de garantir a corrección de incidencias e a actualización e inclusión de novas funcionalidades.

Pola súa banda, o servizo de impresión e dixitalización xa xerou o interese de preto de 50 entidades locais, concretamente 30 presentaron a solicitude no rexistro e 19 manifestaron a intención de facelo de maneira inmediata. Mediante este plan, tal e como informou a presidenta, "obtemos condicións máis favorables e custes máis competitivos, facilitamos a xestión administrativa dos contratos e unificamos o parque de equipos de acordo ás necesidades de cada entidade. De feito, conseguimos un dos prezos máis baixos de todo o Estado". Este servizo naceu dun estudio previo realizado pola institución provincial que puxo de manifesto que o parque de sistemas de impresión é heteroxéneo, que o custe das copias e o mantemento é elevado, que as entidades locais contan con equipos de prestacións inadecuadas para as súas necesidades e que existe unha falta xeral de acordos definidos de maneira contractual que aseguren uns tempos axeitados de reparación e subministracións de consumibles.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones