Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Preocupación nos montes veciñais do sur de Pontevedra pola ampliación da zona demarcada do nematodo

A Asociación Forestal de Galicia mantivo un encontro en Tomiño para asesorar ás comunidades de montes sobre o nematodo do piñeiro

A Asociación Forestal de Galicia mantivo un encontro en Tomiño para asesorar ás comunidades de montes sobre o nematodo do piñeiro

Fecha: 20 de Febrero de 2019

Fuente: Asociación Forestal de Galicia

A Asociación Forestal de Galicia mantivo un encontro en Tomiño coas comunidades de montes do Baixo Miño para informalas e asesoralas sobre o nematodo do piñeiro. Na reunión, á que asistiron medio cento de persoas, a maioría representantes de montes veciñais, constatouse a preocupación existente pola ampliación da zona demarcada do nematodo e pola recente suspensión no movemento de piñeiro a Portugal.

A paralización da exportación de madeira de piñeiro a Portugal desde a zona demarcada iniciouse o pasado 12 de febreiro, a raíz dunha comunicación por escrito que a Consellería do Medio Rural lle trasladou ás empresas forestais, informándoas de que, "de momento", as autorizacións de transporte da madeira con destino a Portugal quedaban suspendidas. Medio Rural sinalaba na mesma comunicación que está pendente dun acordo ao que se ten previsto chegar coas autoridades de Portugal.

O bloqueo das vendas de madeira a Portugal, que nunca se producira na anterior zona demarcada das Neves (2010-2019), preocupa ás comunidades de montes veciñais e ós propietarios particulares, pois no sur de Pontevedra, a gran maioría da madeira de piñeiro destinada a trituración vendíase ata agora á factoría de Europac (Viana do Castelo, Portugal), unha empresa que paga por esa madeira prezos superiores ó resto de posibles compradores.

A imposibilidade actual de enviar piñeiro a Portugal representa, por tanto, un risco claro de serias perdas para as comunidades de montes. Tamén parte da madeira de piñeiro para serra se estaba a comercializar co país veciño, polo que as comunidades demandan unha aclaración e o desbloqueo das exportacións o máis áxil posible.

Programa de apoio á silvicultura
Outro dos asuntos abordados o pasado sábado no encontro da Asociación Forestal de Galicia coas comunidades de montes do Baixo Miño foi a necesidade dun programa de apoio á silvicultura. Para conter a praga do nematodo do piñeiro, unha das prioridades pasa pola eliminación dos pés sintomáticos e decaídos do monte.

A vixilancia e control sanitario que as comunidades de montes poidan executar nos seus terreos é, por tanto, un asunto fundamental para frear a expansión do nematodo do piñeiro. A Asociación Forestal de Galicia demanda un plan de apoio á silvicultura na zona demarcada polo nematodo, de xeito que as comunidades de montes poidan enfrontar ó aumento de custos que xera a praga na xestión das súas masas.

A maiores da eliminación de pés secos ou sintomáticos, as comunidades teñen que executar a trituración dos restos de cortas e podas ata diámetros inferiores a 3 centímetros. Ese diámetro obriga a utilizar trituradoras de martelos, que encarecen o custo dos traballos de trituración a máis do dobre, en relación a unha trituradora de cadeas.

Tamén se fai preciso un plan de apoio ás empresas forestais e industrias de transformación da madeira ubicadas na zona demarcada. Outro asunto do que se queixan as comunidades de montes é da falta de información sobre a praga por parte da Administración.

Nova reunión informativa en Vigo
Desde a Asociación Forestal de Galicia continuarase este venres 22 en Vigo coas reunións informativas para explicar as medidas que se están a adoptar para frear o avance da praga e para abordar as consultas e inquedanzas de comunidades de montes e propietarios particulares.

O encontro deste venres será ás 19.30 horas no local social da comunidade de montes veciñais de Coruxo (Subida San Sebastián, n.º 23. Fragoselo - Coruxo, Vigo).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones