Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Presentación do Plan Estratéxico do sector agrario en Tomiño

A Asociación Cultivos do Baixo Miño presentará o plan estratéxico do sector no salón de plenos do Concello o vindeiro martes 19 de decembro

O sector agrario na comarca do Baixo Miño converteuse nunha fonte de desenvolvemento económico e social da contorna

Fecha: 13 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O sector agrario na comarca do Baixo Miño converteuse nunha fonte de desenvolvemento económico e social da contorna. Porén, nos últimos anos varios factores internos e externos están a repercutir na competitividade das empresas de produción directa, ademais de na das empresas auxiliares. É neste escenario onde nace a Asociación Cultivos do Baixo Miño (ACUBAM), que o vindeiro martes 19 de decembro (16.00 horas) presentará no salón de plenos do concello de Tomiño o plan estratéxico posto en marcha para o sector agrario da comarca.

O obxectivo da asociación é fortalecer a comunicación e colaboración das empresas do sector buscando a profesionalización e o crecemento e como aposta de futuro cara a consolidación do sector no mercado nacional e internacional. Co apoio dos concellos de Tomiño, A Guarda e O Rosal e coa colaboración de diversos axentes privados, durante todo este ano fíxose unha diagnose do sector para coñecer as fortalezas, debilidades e oportunidades de mellora e traballar nun plan estratéxico que recolle actuacións a desenvolver ata o ano 2021.

O salón de plenos do concello tomiñés acollerá a presentación das liñas de actuación para o vindeiro ano 2018 nunhas xornadas ás que están invitados todos os veciños e veciñas e todas as entidades interesadas e que servirán de espazo de reflexión e intercambio de información entre os representantes dos grupos de interese do sector, dende as administracións públicas, universidades e centros tecnolóxicos ata centros de formación, empresas privadas, axentes de financiamento ou expertos.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a presidenta de ACUBAM, Patricia Rodríguez, serán as encargadas de dar o comezo ás xornadas, que arrancarán coa intervención de Nicasio Mejuto, subdirector de Explotacións Agrarias da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, sobre a aposta estratéxica das administracións rexionais polo crecemento do sector agrario.

A continuación farase a presentación das liñas estratéxicas e do plan operativo 2017/2018 do plan estratéxico do sector agrario do Baixo Miño e porase un marcha unha mesa redonda sobre o futuro socioeconómico do sector, centrándose no seu crecemento e sustentabilidade. Neste sentido, Clara Pousa, técnica da Oficina Agraria Comarcal O Rosal, falará da evolución e desenvolvemento do sector na contorna e Gonzalo Barrio, director de Expansión da Fundación Empresa Universidade Galega, profundará sobre a profesionalización do sector e a oportunidade de avance tecnolóxico e carreiras profesionais no agro.

Marco Antonio García e Eva Gil, representantes do GDR 14 Baixo Miño, explicarán ao público a estratexia de desenvolvemento local e as liñas de financiamento e José Antonio González e Igor de las Heras, de CaixaBank, darán a coñecer os programas Agrobank e Incorpora. A mesa redonda rematará coa visión empresarial do sector, explicada da man de Kiwi Atlántico, Porta do Río Miño e Río Tollo.
 
PROGRAMA:
 

AXENDA "Xornada Presentación pública do Plan Estratéxico Sector Agro Baixo Miño: o estado actual do sector e as liñas de traballo"

16:00 - 16:10 h                  Benvida_Apertura Xornada

       Dª Patricia Rodríguez, Presidenta ACUBAM

       Dª Sandra González, Alcaldesa de Tomiño

 

16:10 -16:30 h  Unha aposta estratéxica das administracións rexionais polo crecemento do sector Agro

       Nicasio Mejuto Martí

Subdirector de Explotacións Agrarias, Consellería Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia

 

16:30 - 16:45 h  PRESENTACIÓN PLAN ESTRATÉXICO SECTOR AGRO BAIXO MIÑO: LIÑAS ESTRATÉXICAS E PLAN OPERATIVO 2017/2018

       Secretaría técnica ACUBAM

 

16:45 - 18:00 h  MESA REDONDA: O FUTURO SOCIOECONÓMICO DO SECTOR AGRO NO BAIXO MIÑO: CRECEMENTO E SOSTENIBILIDADE

Evolución/Desenvolmento Sector agro Comarca Baixo Miño

        Clara Pousa, Técnica de la Oficina Agraria Comarcal O Rosal

A profesionalización do sector

       Gonzalo Barrio, Director Expansión FEUGA (Fundación Empresa Universidad Gallega):  A oportunidade de desenvolvemento tecnolóxico e carreiras profesionais no sector agro.

Oportunidades financiamento e programas de axudas para impulsar o crecemento do sector:

       D. Marco Antonio García,  Xerente GDR 14 Baixo Miño/ Dª Eva Gil, Técnica GDR 14 Baixo Miño. Estratexia de Desenvolvemento Local e Liñas de financiamento

       José Antonio González Director / Igor de las Heras, Director Área de Negocio CaixaBank.  Programa Agrobank, Programa Incorpora

A visión empresarial:

       Kiwi Atlántico

       Porta do Río Miño

       Río Tollo


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones