Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PRETO DE 200 PERSOAS, NO BAIXO MIÑO, EXERCERON O SEU DEREITO A VOTO NAS PRIMARIAS ABERTAS DE INIATIVA POLA UNIÓN

Máis de 4000 persoas (un 70% por cento das censadas) participaron este domingo na xornada de primarias abertas de NÓS - Candidatura Galega

Máis de 4000 persoas (un 70% por cento das censadas) participaron este domingo na xornada de primarias abertas de NÓS - Candidatura Galega

Fecha: 10 de Noviembre de 2015

Fuente: polaunion.gal

Máis de 4000 persoas (un 70% por cento das censadas) participaron este domingo na xornada de primarias abertas de NÓS - Candidatura Galega, coa que rematou o amplo proceso social que a plataforma Iniciativa pola Unión desenvolveu ao longo dos últimos meses para a conformación dunha candidatura galega de base cidadá para as eleccións xerais do 20D. A votación desenvolveuse a través de 144 mesas establecidas no conxunto do territorio galego, ás que sumou a mesa telemática do voto online.
Concretamente na Comarca do Baixo Miño , con mesas en Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia, participaron 182 persoas de 200 persoas censadas na plataforma

Na xornada de primarias o conxunto de persoas censadas podían facer tres escollas diferenciadas: cabeza de lista do Congreso, resto de lista de Congreso e candidatura ao Senado.

Os resultados, no Baixo Miño confirman a Carme Adán (Pontevedra) como cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega obtendo un total de 125 votos.
En canto ao resto da lista ao Congreso, Míriam Rodríguez, veciña de Guillarei, obtivo 152 votos, Alberte Lamazares, concelleiro de Rodeiro, e labrego de 27 anos alcalzou os 112 votos, seguido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores con 94 votos.
Para o senado, os resultados na Comarca foron os seguintes: Xosé Collazo Castro, natural de Barro tivo 71 votos, seguido de Alba Cuba adestradora deportiva natural de Lugo con 67 votos.

Desde a Iniciativa pola Unión valorouse esta xornada de primarias como "un exemplo de como se constrúe, desde a propia sociedade, unha candidatura de base cidadá, plural e co centro de decisión no noso país, chamada a ser a representación soberana da sociedade galega nas Cortes españolas. É preciso mudar as cousas, defender ás maiorías sociais e conquistar o dereito a una vida digna para todas as persoas, e queremos facelo desde nós, como galegas e galegos de nación, a través dunha representación propia de Galiza en Madrid".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones