Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Preto de 200 veciños e veciñas de Tomiño participaron na campaña de doazón de sangue de verán organizada polo Sergas

A xefa de área da Axencia Galega de Sangue remitiu unha carta de agradecemento polas doazóns conseguidas os día 4 e 5 de agosto

A xefa de área da Axencia Galega de Sangue remitiu unha carta de agradecemento polas doazóns conseguidas os día 4 e 5 de agosto

Fecha: 19 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Un total de 183 veciños e veciñas de Tomiño participaron na campaña especial de verán levada a cabo pola Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, organismo que cualificou de "excelentes" os resultados acadados durante os días 4 e 5 de agosto pasados.
A xefa de área da devandita Axencia Galega, Dra. María Adelantado Pérez, vén de remitir un escrito de agradecemento dirixido á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, "pola contribución e sincero compromiso co solidario xesto de doazón de sangue", na que se achegaron á unidade móbil 183 persoas, 17 delas por primeira vez.

Segundo os datos achegados polas Axencia Galega de Sangue, durante o ano 2015 houbo máis de 350 doazóns, o que supón 26 doazóns por cada 1000 habitantes; unha taxa que se ben está por debaixo da recomendada pola Organización Mundial da Saúde, pode considerarse moi boa.

Asemade, dende a primeira visita da unidade móbil ao concello, no ano 1995, contabilizáronse case 5600 doazóns, realizadas polas 1069 persoas censadas como doadoras de sangue na vila. "Con estas doazóns, a modo de exemplo, poderíanse levar a cabo máis de 2700 intervencións cirúrxicas, ou transfundir plaquetas a máis de 900 enfermos de cancro ou leucemia", informa a Dra. María Adelantado Pérez, quen lle pide á alcaldesa de Tomiño que faga extensivo o seu agradecemento a todas as persoas que colaboraron ca campaña.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones