Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PRETO DE 500 PERSOAS PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NO PROGRAMA -COÑECE A TÚA PROVINCIA- DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

-Coñece a túa provincia- executarase ata o 31 de decembro de 2015

-Coñece a túa provincia- executarase ata o 31 de decembro de 2015

Fecha: 14 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

Dentro do marco do programa "Coñece a túa provincia", que a Deputación de Pontevedra impulsa a través dos servizos sociais desde o ano 2008, esta fin de semana preto de 500 persoas poderán descubrir, a través de diversas rutas, a provincia de Pontevedra.

O programa "Coñece a túa provincia" contribúe á dinamización económica e social da provincia de Pontevedra ó tempo que impulsa o enriquecemento cultural, o fomento da convivencia e asociacionismo e pon en valor os principais recursos turísticos da provincia, promovendo así ó seu desenvolvemento económico.

Participan no programa entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, veciños, familias e menores) que, a través dunha xornada de convivencia que inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaxe, manutención e visitas, percorren lugares emblemáticos das Rías Baixas. Así, as entidades poden elixir entre 18 rutas que abranguen desde os edificios da Deputación de Pontevedra ata concellos como A Estrada, A Guarda, Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda e Vigo.

Esta fin de semana participarán oito asociacións e preto de 500 persoas de Moaña (Asociación de Mulleres Poza da Moura), A Lama (Asociación Cultural San Antonio da Lama), Lalín (Asociación de Mulleres en Igualdade de Goias), Campo Lameiro (Asociación Mulleres Rurais A Chanciña), Cuntis (Asociación de Mulleres Rurais As Termas), Pontecaldelas (Mulleres Rurais do Verdugo), Vigo (A.V.C.D. Sampaio) e Vilagarcía de Arousa (A.A.C.c. Xeada).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones