Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Primeira reunión con Xunta e Deputación para tratar a construción dunha variante ao núcleo urbano de Tomiño

A alcaldesa celebrou a boa disposición de Xunta e Deputación para buscar unha solución ao problema

A alcaldesa celebrou a boa disposición de Xunta e Deputación para buscar unha solución ao problema

Fecha: 22 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Tras a solicitude realizada polo Concello de Tomiño ante a Xunta de Galicia, para que esta, xunto á Deputación, leven a cabo a construción dunha variante ao núcleo do Seixo, co fin de solucionar os problemas de tráfico, tivo lugar esta mañá en Pontevedra, a primeira reunión entre o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Asistiron tamén o deputado provincial e concelleiro tomiñés, Uxío Benítez, acompañado por un técnico, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.
A alcaldesa de Tomiño, manifestou a súa satisfacción pola vontade amosada por parte dos representantes do goberno autonómico de buscar una alternativa ao cruce do centro urbano de Tomiño; "un proxecto estratéxico para o futuro do municipio", segundo as palabras da rexedora. Esta advertiu que se trata dun proceso complexo, porque están implicadas tres administracións, pero asegurou que están sentadas as bases para dar os pasos previos á redacción do proxecto.

A proposta de crear esta variante xurdiu dunha demanda que o goberno municipal fixera á Deputación en 2015, co fin de mellorar oss problemas de mobilidade e crecementono futuro do núcleo urbano. A Deputación redactou un estudo para a mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo. Este estudo previo definiu como solución máis acaída a prolongación da EP-3102 a modo de variante ao Seixo, coa finalidade de conseguir unha conexión viaria eficaz entre a estrada provincial EP-3102 Tomiño-Sabarís e a estrada autonómica PO-344, xa que na actualidade a confluencia destas estradas ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo, soporta un volume de tránsito de vehículos que afecta o normal desenvolvemento da vida diaria e o desfrute do espazo público.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí