Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Primeiro contacto coa música, en verán e con xogos en Tomiño

Vinte e cinco rapaces e rapazas participaron no Campamento Musical organizado polo Concello de Tomiño e a Agrupación Musical de Goián

Vinte e cinco rapaces e rapazas participaron no Campamento Musical organizado polo Concello de Tomiño e a Agrupación Musical de Goián

Fecha: 19 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Un total de 25 nenos e nenas participaron este verán no Campamento Musical organizado polo Concello de Tomiño e a Agrupación Musical de Goián. A actividade tivo lugar durante a primeira semana do mes de agosto coa coordinación de Andrés Laguna, Eresi Rodríguez e Cristina Costa, os tres profesores da escola de música municipal e membros da banda.

"Unha noite de amor con Lela", título do concerto que a agrupación ofrecerá o vindeiro día 26 na Praza do Seixo, foi o fío condutor do campamento, no que os rapaces e rapazas, de entre 3 e 14 anos, traballaron cunha metodoloxía integradora que lles permitiu aprender e convivir en diversidade. Houbo tamén obradoiros de construción de instrumentos con elementos reciclados; exercizos e dinámicas de relaxación, e o último día unha demostración de todo o aprendido ante pais, nais e familiares.

Os participantes non era so de Tomiño, senón que viñan tamén de outros concellos da comarca, coma O Rosal ou A Guarda e tamén de Vilanova de Cerveira.

Explica Andrés Laguna, profesor de música en movemento e xardín musical e clarinetista da banda dende hai máis de 10 anos, que aínda que algúns dos participantes, xa tiñan coñecementos musicais, para a maioría, este campamento foi o seu primeiro contacto co mundo da música, a través de xogos e dinámicas de grupo. Deste xeito, achegáronse á figura de Lela (personaxe teatral de Castelao) e realizaron tarefas relacionadas ca arte, ademais de compartir unha merenda saudable a base de froita.


A actividade contou tamén con artistas convidados, que viñan a interpretar diferentes instrumentos e estilos, espertando o interese dos pequenos/as, moitos/as dos cales decidiron matricularse coma alumnos/as no vindeiro curso da escola municipal, cuxo prazo de inscricións xa está aberto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí